XUVENÍS. PRESENTACIÓN TEMPORADA 2017-18
CHEMARI, ADESTRADOR DO NUMANCIA XUVENIL
O vindeiro luns, 7 de agosto, comezará a temporada 2017-18 para os compoñentes do equipo xuvenil da ADR Numancia.
Ares, 5 de agosto de 2017.
A convocatoria da presentación e realización da primeira sesión de adestramento está fixada para as 20.00 h. do luns, 7 de agosto nas instalacións de Prados Vellos. O adestrador desta categoría será Chemari, ex-xogador do Numancia.
Tamén podemos adiantar o calendario de partidos amigables que xa están acordados:
Sábado, 19 de agosto, ás 18.00 h: Numancia – Maravillas
Sábado, 26 de agosto, VI Torneo Vinoteca:
10.00 : Numancia – G. Mugardos
11.45 : At. Castros – Ciudad Jardín
17.00: 3º - 4º Posto.
18.45: Final