XUVENÍS. G. CARANZA, 2 - NUMANCIA, 0

SUBCAMPIÓNS DA COPA DE FERROL

O mércores disputouse na Gándara a final de Copa de Ferrol cunha bancada chea de siareiros.

Ares, 19 de maio de 2017.

O mércores 17 de maio, día das Letras Galegas con homenaxe ao escritor Carlos Casares (tamén xogara de cativo ao fútbol), as instalacións da Gándara acolleron as finais de Copa de F-11, pechando a xornada o partido de xuvenís entre o Caranza e o Numancia. Todos os encontros se disputaron no campo de herba natural, unha alfombra para desfrutar do fútbol.

As aliñacións foron estas:

NUMANCIA: Tito, Emi, Óscar, Cartelle, Rolo (Gil), Ferro; Anido (Iván), Adrián (Raúl), Fran (Feal); Carlos e Cavezza (Barreiro). 

Adestrador: Miguel Carballeira.

Delegado: José Antón.

CARANZA: Bruno (Mateo); Vidal, Leonardo (Edgar), Alejandro, Mario (Jose), Borja, Daniel, Óscar, Álvaro (Diego), Iago e Antonio (Prego).

Adestrador: Daniel Martínez.

Delegado: Rubén Neira.

Árbitro: Diego Bouza, auxiliado por Tomás Lorenzo e Pablo Bustabad. No Caranza resultaron amoestados: Mario, Óscar, Borja e Jose López (dúas amoestacións); no Numancia, Pablo Cartelle e Tito tamén foron amoestados.

GOLES:

1 – 0 (m. 32): Manuel Vidal.

2 – 0 (m. 39): Iago Seijo, de penalti. 

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2016-2017. Final de copa. G.Caranza B, 2 - Numancia, 0Carballeira e Antón dispuxeron un partido de contención agardando o roubo do balón para saír en contraataques e as primeiras ocasións claras foron para os de Ares. Porén unha falta lateral magnificamente lanzada e rematada de cabeza de maneira espectacular puxeron por diante aos de Caranza. Minutos despois un balón ás costas da defensa provocou que o porteiro do Numancia cometera un penalti que supuxo o 2 – 0 co que se chegou ao descanso.

Na segunda parte houbo alternativas e ocasións de gol nas dúas porterías, a tal punto, que o Numancia desaproveitou varias oportunidades para materializar unha delas e poderse meter no partido. Non foi así e a vitoria foi para o Caranza.

A continuación ofrecemos o comentario de Miguel Carballeira, adestrador dos xuvenís do Numancia:

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2016-2017. Final de copa. G.Caranza B, 2 - Numancia, 0“Final de Copa alcanzada por dous equipos que na fase regular non chegaron a facer os deberes de todo pero que tiñan unha magnífica oportunidade para finalizar a temporada con nota. E así o fixeron os dous. Uns, o Galicia de Caranza levándo a Copa coma favorito e outro, o Numancia, crendo nas súas posibilidades e aportando á contenda o maior número de oportunidades fronte á portería rival, que non é pouco.

Unha final que a levou o equipo con maior acerto e un Numancia, é certo, con sensacións contraditorias pensando que tivo as súas oportunidades pero que nunca chegou a estar cerca no marcador.

Non foi capaz como favorito o Galicia de facer dano no xogo ao Numancia pero dous zarpazos a balón parado na primeira parte lastraron o esforzo numantino nos primeiros 45 m. así como un tiro ao pao e un dubidoso penalti non pitado a Carlos. Bastoulle ao gañador da contenda con deixar pasar os minutos na segunda parte para observar como os últimos empurróns do Numancia acababan incomprensiblemente en ocasións fallidas.

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2016-2017. Final de copa. G.Caranza B, 2 - Numancia, 0Aprobaron os dous equipos o final de curso?

Pois probablemente si pero foi o Numancia quen máis perdeu xa que o Caranza por haches ou por bes volverá a ter máis oportunidades. E o Numancia? “

Certamente, para un club formado practicamente por mozos da vila resulta difícil chegar ás finais, pero cando se chega, e algunhas veces chegamos, saboreámolo con total ledicia.

Ao final do partido, Manolo Mesa (delegado federativo) e Abraham (secretario da delegación) entregaron os trofeos de campión e subcampión de Copa.

Parabéns para o Caranza polo título conseguido e tamén para os rapaces do Numancia por non baixar os brazos e loitar ata o final. 

Galería de imaxes do encontro

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.