Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. PREVIA NUMANCIA - EUME
 
 

XUVENÍS. PREVIA NUMANCIA - EUME

SÁBADO, 17 DECEMBRO: AMEIXAS NO "NAVÍO"

Antes do partido dos xuvenís ou despois, no restaurante aresán "El Navío" celébrase o día da ameixa. Entre as 13.00 e as 16.00 h. e desde as 20.00 ata as 21.00 h. haberá ocasión para saborear as ameixas ao prezo de 4.50 € a ración e subir a Prados Vellos (16.30) para ver o partido.

 

 

Ares, 16 de decembro de 2016.

Volven os xuvenís a Prados Vellos para disputar o partido ante o Eume, ocasión que deben aproveitar para superar a goleada recibida na Pedreira na xornada anterior, ademais de intentar engancharse de novo á competición de liga. A convocatoria para este partido é a seguinte:

Fran Anido, Raúl, Cartelle, Cavezza, Birama, Ferro, Gil, Antón, Óscar, Rolo, Nico, Carlos, Adrián, Barreiro, Tito e Miguel.

Este será o último partido antes de disputar as semifinais de Copa ante o Portuarios. O partido de ida, en Aneiros, será o venres 23 ás 16.30 h. e o partido de volta, en Prados Vellos, xogarase o martes, 27 tamén ás 16.30 h.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.