Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. PRESENTACIÓN V TROFEO "A CASA NOVA"
 
 

XUVENÍS. PRESENTACIÓN V TROFEO "A CASA NOVA"

SÁBADO 27 DE AGOSTO: NUMANCIA – G. MUGARDOS e RAYO SADENSE – D. OBRERO

Este martes foi presentada no restaurante “A Casa Nova” a quinta edición deste trofeo de categoría xuvenil que se celebrará en Prados Vellos. No acto estiveron presentes Antonio Guijarro (Rayito) e directivos do Numancia.

Ares, 25 de agosto de 2016.

Chegamos á quinta edición deste tradicional torneo xuvenil, patrocinado polo Restaurante “A Casa Nova” de Ares que se disputará o sábado 27 de agosto en xornadas de mañá e tarde.

O cuadrangular deste ano repite a primeira semifinal entre o Galicia de Mugardos e o Numancia, partido de rivalidade que comezará ás 10.00 da mañá

Ás 11.45 h. dous equipos da Delegación coruñesa disputarán a segunda semifinal. Trátase do Rayo Sadense e do D. Obrero, conxuntos que militan na Primeira Autonómica. 

Xa pola tarde, o partido no que se disputará o 3º e 4º posto comezará ás 17.00 h., mentres que a final será ás 18.45 h.

Ademais dos correspondentes trofeos para os catro equipos, doados polo restaurante “A Casa Nova”, tamén levarán trofeo o máximo goleador e o mellor xogador do torneo, regalos de Antonio Guijarro.

 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.