FÚTBOL PRAIA. PRESELECCIÓN XUVENIL 2016

CONCENTRACIÓN EN ARES DOS XUVENÍS FERROLÁNS

Todos aqueles clubs ou xogadores con licenza federativa en idade xuvenil interesados en participar nesta concentración de fútbol praia deben comunicalo na Delegación de Fútbol de Ferrol.

 

Ares, 6 de xuño de 2016.

Por primeira vez a Federación Galega formará unha selección xuvenil de fútbol praia que participará no Campionato de España a celebrar en Sanxenxo en data por determinar. Con este motivo, Ares acollerá proximamente (pode ser o sábado 25 de xuño) unha concentración na que todos os xogadores con licenza xuvenil da delegación ferrolá ou ben os propios equipos poden participar. O formato desta concentración dependerá dos equipos e xogadores que se inscriban.

A esta cita está previsto que acuda o seleccionador galego de fútbol praia de modo que poderá observar directamente as evolucións dos xogadores participantes e, finalmente, decidir os candidatos a formar parte da selección galega.

A inscrición neste evento pode efectuarse enviando un correo electrónico á delegación ferrolá ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ),  indicando os datos persoais dos xogadores e os clubs aos que pertencen.

 
 
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.