XUVENÍS: BETANZOS - NUMANCIA

CANDO A VIOLENCIA SUPERA O LÚDICO

Un partido correcto e ben disputado dentro do terreo de xogo estivo a piques de cubrirse de lodo por mor dunhas actuacións imprudentes e sumamente reprobables. Esperemos que mañá non se repitan eses incidentes.
 
 
 
Ares, 27 de maio de 2016
 
ADR. Numancia de Ares. Xuvenís 2015-2016. Fase de Ascenso a Liga Galega.Mañá, sábado pola tarde, os xuvenís do Numancia acudirán ao García Irmáns de Betanzos na procura case dun milagre: darlle a volta a un marcador contundente, 0 – 3 . Quizás non exista esa diferenza entre os dous equipos pero hai que aceptar que na ida os brigantinos aproveitaron as súas ocasións de gol e conseguiron unha renda moi positiva. As derrotas e as vitorias son algo consubstancial do deporte, do fútbol e hai que saber aceptalas con total normalidade, coma así ocorreu dentro do campo de fútbol entre os xogadores dun e doutro equipo. 
 
O que non é de recibo e hai que censuralo sen ambaxes foi o comportamento dun grupo de afeccionados (por referirnos dalgún xeito a eles): prendemento de bengalas e expresións ofensivas e inxuriosas cos participantes no partido, xa fosen xogadores ou árbitros. Baixo un suposto apoio ao equipo non podemos agochar actitudes antideportivas, perigosas e vergoñentas. A ADR Numancia é unha entidade deportiva que promoverá sempre valores de tolerancia e respecto e nunca amparará a aquelas persoas que amosen unha actitude coma a vista no último sábado en Prados Vellos. 
 
Se de verdade se consideran “numantinos” esperamos velos ao lado do equipo, dándolle o alento que os leve ás metas soñadas, pero sempre desde a corrección e o respecto.
 
 
 
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.