XUVENÍS. FASE DE ASCENSO Á LIGA GALEGA

 EQUIPOS CLASIFICADOS XUNTO CO NUMANCIA NA ZONA NORTE

A falta dunha xornada para o remate da liga nas delegacións de Ferrol e Santiago xa coñecemos case todos os equipos clasificados.

Ares, 2 de maio de 2016.

A continuación informamos dos equipos clasificados para esta fase de ascenso á Liga Galega xuvenil, grupo 1º (A Coruña e Lugo), seguindo a orde clasificatoria en cada grupo da Primeira Autonómica xuvenil.

1. CLASIFICADOS na ZONA NORTE:
GRUPO 1º (A CORUÑA), 4 equipos: Betanzos (campión), D. Obreiro, At. Arteixo e Olímpico.
GRUPO 2º - 3º (COSTA), 2 equipos: Xallas (campión) e Cee.
O Betanzos e o Xallas disputarán esta vindeira fin de semana unha fase previa. O vencedor desta eliminatoria enfrontarase cos campións das outras 3 delegacións para obter dúas prazas de ascenso directo.

GRUPO 4º (FERROL),2 equipos: Numancia e Portuarios.
GRUPO 6º (SANTIAGO), 5 equipos : Bertamiráns (campión), Santiago B, Peleteiro, Lalín B e Dubra ou Conxo B (estes dous últimos equipos enfróntanse na última xornada).
GRUPO 7º - 8º - 9º (LUGO), 3 equipos: Porto Burela (campión), Milagrosa, O Corgo.
ADR Numancia de Ares. Equipo Xuvenil 2015-2016
2. PRIMEIRA FASE.
21 e 28 de maio:
Dispútase entre os campións das catro delegacións (Lugo, Ferrol, Coruña e Santiago) que dirimirán 2 prazas de ascenso directo polo sistema de copa a dobre partido, previo sorteo (o luns, 9 de maio).
Ao mesmo tempo dispútase unha eliminatoria entre os outros 12 clasificados, a través do sistema de copa a dobre partido, previo sorteo, en datas coincidentes coas eliminatorias anteriores. 

4 e 11 de xuño (cuartos de final):
Unha vez clasificados estes seis clubs, sumaránselles os dous clubs perdedores da primeira fase, entrando estes oito clubs a sorteo, completando os cuartos de final, que clasificarán por sistema de copa a dobre partido, aos catro clubs que dirimirán a fase final e as outras dúas prazas de ascenso vacantes.

3. FASE FINAL.
18 e 25 de xuño:
Procedentes do cadro e seguindo o mesmo, celébranse dúas eliminatorias (4 clubs), a dobre partido, que dirimirán as outras dúas prazas restantes de ascenso á Liga Galega, Grupo Norte.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.