Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS: ÁNIMAS, 0 - NUMANCIA, 7
 
 

XUVENÍS: ÁNIMAS, 0 - NUMANCIA, 7

 CLASIFICADOS PARA A FASE DE ASCENSO

Con esta vitoria conseguida no campo da Gándara, xunto á derrota do As Pontes ante o Portuarios, o equipo xuvenil do Numancia consegue a clasificación para disputar a fase de ascenso á Liga Galega.

 

Ares, 23 de abril de 2016.

Quedan dúas finais máis, ante o Cedeira en Prados Vellos e co Eume na Gándara eumesa, para intentar alcanzar o título de liga, mais un dos obxectivos xa está conseguido: xogaremos a fase de ascenso.

O partido de hoxe durou ata que entrou o primeiro gol. A partir dese momento foron subindo un tras outro ao marcador ata ese avultado resultado final. Ángel con catro goles, Carlos con dous e un de Cristian foron os autores dos goles. Con estes últimos catro goles, Ángel distánciase na pugna polo trofeo de máximo goleador da categoría, sumando 29 goles fronte aos 20 do segundo realizador.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.