Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. NUMANCIA, 4 – SAN SADURNIÑO, 0.
 
 

XUVENÍS. NUMANCIA, 4 – SAN SADURNIÑO, 0.

PARTIDO A PARTIDO

Partido correspondente á novena xornada de Liga no grupo B disputado en Ares que rematou coa vitoria aresana. Ao descanso o resultado era de 3 - 0.

 

Prados Vellos, 7 de novembro de 2015

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Dani, Emi, Oscar (Nico), P. Cartelle, Marcelo, Martin, Elías (Adrián), Cristian (Jose Manuel), Carlos (Sergio), Ángel e Iván.

Adestrador: Miguel Ángel Carballeira García

Delegado: José Manuel Antón Rey.

SAN SADURNIÑO: Alejandro Garcia (Miguel), Alberto, Muriel, Francisco, David, Antón Senra, Alejandro Campos (Brais), Antón Pérez, Martin (Iñigo), Marcos (Pablo) e Alexis

Adestrador: José Luis Montero Ordoñez.

Delegado: Oscar Melián Gómez.

COLEXIADO: David Sierra Pereira. Amoestou con tarxetas amarelas a Antón Senra e Alberto e con tarxetas vermellas a Francisco e o delegado Oscar Melián do San Sadurniño. Polo Numancia amoestou a Oscar e a P. Cartelle.

GOLES:

1 – 0: Angel (min.17) – Pase de Iván ás costas da defensa, o porteiro erra no seu despexe e Ángel moi atento marca a porta baleira.

2 – 0: Martín (penalti, min. 21) – Claro penalti dun defensor visitante ao blocar coa man un disparo dos aresán, e Martín marca enganando ao porteiro visitante.

3 – 0: Iván (min.25) – Xogada persoal de Iván, quen regatea ao seu defensor e marca ante a saída do porteiro.

4 – 0: Martin (min. 89) – Golazo de Martín de falta directa a uns 7 mtr do vértice da área grande que entra pola mesma escuadra.

COMENTARIO:

Partido sen moita historia onde os aresáns foron moi superiores ao San Sadurniño. O partido decidiuse na primeira metade onde os de Ares marcaron 3 goles e que ben puideron ser moitos mais se os dianteiros estiveran mais acertados cara a gol. Os visitantes apenas inquedaron a portería defendida por Dani.

Na segunda metade, os aresáns baixaron o ritmo do xogo pero aínda así os visitantes non tiraron á nosa portería. No minuto 89, Martín fai o golazo da tarde cun gran disparo de falta directa, rematando o partido cun claro, 4 - 0.

Na seguinte fin de semana os de Ares visitarán o campo do Pote, onde desexamos que sigamos mantendo este bo nivel de xogo diante do Maniños

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.


 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.