XUVENÍS. NUMANCIA, 3 – PORTUARIOS, 3.

UNHA PARTE PARA CADA EQUIPO

Partido correspondente á sexta xornada de Liga no grupo B disputado en Ares que rematou con empate. Ao descanso o resultado era de vitoria do Portuarios por 0 - 3.
 

Ares, 17 de outubro de 2015

FICHA TECNICA:

NUMANCIA: Dani, Emi, Oscar, Martin (Jose Manuel), P. Ferro (P. Cartelle), Fran (Antón), Elías, Carlos, Iván (C), Cristián e Marcelo.

Adestrador: Miguel Ángel Carballeira García.

Delegado: José Manuel Antón Rey.

PORTUARIOS: Carlos, Adrián, Daniel Rodríguez, Martín, Daniel Miño (C) (Gabriel), Ángel, Javier (Jorge), Diego, Alberto, Jose Manuel e Jose Luis (Babacar).

Adestrador: Juan Carlos Arrojo Fernández.

Delegado: Juan Francisco Duran Bermúdez

COLEXIADO: Pablo Carballal Mora. Amoestou a Adrián, Alberto e Daniel Rodríguez do Portuarios e a Elías, Martín, P.Cartelle e Cristián do Numancia.

GOLES:

0 - 1: Alberto (min. 4): Erro defensivo dos locais, nunha mala entrega de cabeza que aproveita o dianteiro dos visitantes para marcar sen oposición.

0 - 2: Alberto (min. 18): Xogada por banda esquerda dos visitantes, que remata Berto cunha gran volea dende o vértice da área pequena.

0 - 3: Alberto (min. 35): Falta botada polo Portuarios por banda dereita, e un erro defensivo, volve a aproveitalo o dianteiro dos visitantes para marcar a pracer.

1 - 3: Carlos (min. 46): Xogada combinativa por banda esquerda entre Marcelo e Cristián, con centro deste ultimo e remate de cabeza de Carlos quen marca sen oposición.

2 - 3: Carlos (min. 49): Falta botada por Iván, que remata Marcelo á cruceta, despexa á defensa visitante e Emi centra ao segundo pau onde Carlos entrando dende atrás marca en liña de gol.

3 - 3: Iván (min. 58): Contragolpe dos aresáns, con pase ás costas da defensa do Portuarios e Iván moi atento marca tras un mal despexe do porteiro visitante.

COMENTARIO:

Primeira metade con claro dominio de xogo dos visitantes, onde a base de intensidade, garra e boa colocación dos seus xogadores, contrarrestaron o xogo dos aresán e aproveitándose de dous claros erros defensivos dos locais, puxéronse cun claro 0 - 3, que poñía moi costa arriba as esperanzas de remontar do Numancia. Ao descanso chegábase  coa clara vitoria do Portuarios, por 0 - 3.

Na segunda metade, os aresáns saíron a polo partido e con intensidade e bo xogo combinativo, conseguiron apretar o resultado con 2 goles de Carlos, nos primeiros 10 minutos. No minuto 58, Iván nunha mala saída do porteiro visitante, conseguiu empatar o partido. A partir do empate, os aresáns tiveron algunha ocasións de gol para marcar, en cambio o Portuarios, so pensaba en defenderse das acometidas dos locais e apenas inquedaban na portería do Numancia. Magoa das ocasións falladas, chegando ao final do partido cun empate a 3 - 3.

En resumo, partidazo, cunha parte para cada equipo e no que ambos demostraron ser dous dos favoritos para alcanzar as dúas primeiras prazas do grupo B, e que dan dereito a xogar as semifinais de copa, ala polo mes de maio.

Noraboa aos aresáns pola gran segunda metade que fixeron ante un gran equipo como o Portuarios.

O próximo fin de semana os xuvenis do Numancia desprazaranse ata Pontedeume para disputar a 7ª xornada fronte o segundo clasificado, o Eume Deportivo. Partido no que os de Ares están obrigados a gañar se queren manter as suas opcións de xogar as semifinais de copa.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 


Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.