XUVENÍS: IV TROFEO RESTAURANTE "A CASA NOVA"
O ORILLAMAR PROCLÁMASE CAMPIÓN TRAS DERROTAR AO NUMANCIA POR 1 - 0.
E o Betanzos queda terceiro ao vencer ao G. Mugardos por 1 - 0.
Ares, 22 de agosto de 2015
En xornada completa, de mañá e tarde, celebrouse este pasado sábado, 22 de agosto, no campo de Prados Vellos a cuarta edición do trofeo de categoría xuvenil patrocinado polo restaurante aresán "A Casa Nova".
Pola mañá xogáronse as dúas semifinais, con estes resultados:
SEMIFINAL 1. NUMANCIA, 3 – G. MUGARDOS, 0.
FICHA TECNICA
NUMANCIA: Quique, Rolo, Oscar, Emi, Pablo Ferro, Sergio Rico, Fran, Martín (C), Marcelo, Antón e Ángel. Tamén interviron no encontró David Gil, Adrián, Nico, Luís, Pablo Cartelle e Miguel.
Adestrador: Miguel Ángel Carballeira García.
2º adestrador: José Manuel Antón Rey.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.
G. MUGARDOS: Alex, Xurxo, Alex Pérez, Antón, Alejandro, Martín, Jorge, Gabri, Alex Fernández, Josiño (C) e Pedro. Tamén interviron no encontró Antonio, Chus, Javi, Dani, Diego, Jorge, Sergio, Adán, Miguel e Álvaro.
Adestrador: Javier Ricoy.
Adestrador: Jesús Sixto.
Delegado: Miguel González.
ARBITRO: Diego Bouza Pena. Amosoulle cartón amarelo a Jorge do G. Mugardos.
Comezaba o torneo cun derbi local que sempre ten ese picante que adobía estes partidos. Pois ben, puidemos contemplar unha primeira parte con intensidade e ritmo, a pesar dos poucos adestramentos que levan estes rapaces. Moita igualdade no medio campo e máis chegadas a portería dos aresáns, que viron coma en dúas ocasións os paus evitaron que o balón se introducise na portería ben defendida por Álex.
Na segunda parte, axiña se adiantaron os numantinos cun gol de cabeza de Marcelo e, pouco despois, Ángel pechou o partido con dous goles. Os cambios e o cansazo leváronnos a outro partido, con menos precisión e vistosidade. En definitiva, un cómodo resultado que clasificaba ao equipo organizador para a final da tarde.
SEMIFINAL 2. BETANZOS, 0 – ORILLAMAR, 2.
FICHA TECNICA
BETANZOS: Kevin, Pablo, Dani, Carneiro, Cesar, Miguel, Joshua, Alberto (C), Alex, Migui e Fernando. Tamén interviron no encontró Pepelu, Iago, Manu, Valiño e Ponte.
Adestrador: Daniel Rodríguez Fernández.
Delegado: Javier Fraga García.
ORILLAMAR: Vila (C), Lava, Seo, Oscar, Diego Sánchez, Leo, Alex, Boyo, Code, Juanjo e Diego Ferreiro. Tamén interviron no encontró Yago, Joel, Carlos, Elías, Andrés, Sergio e Moran.
Adestrador: José M. Abeledo Cajide.
Delegado: Emilio A. Vázquez Tellado.
ARBITRO: Cristian Pérez Tejerina. Sen inciencias.
Os equipos da delegación coruñesa libraron unha segunda semifinal bastante equilibrada, cun xogo bastante parello que se desnivelou a causa de pequenos detalles. Un balón longo que botou dentro da área superando ao gardameta brigantino, ao pouco de comezar o partido, marcou o desenlace dun partido con moi poucas ocasións, nunha das cales o betanceiro Alex puido establecer a igualada, cabeceando ao traveseiro do equipo coruñés. Xa preto do final, un contraataque do Orillamar, con superioridade dos dianteiros fronte aos defensas, finalizou cun gol fácil que lles deu o pase á final.
Xa pola tarde, e cun tempo chuvioso nas primeiras horas, os dous partidos repetiron resultado:
3º – 4º POSTO. G. MUGARDOS, 0 – BETANZOS, 1.
FICHA TECNICA
G. MUGARDOS: Alex, Xurxo, Alex Pérez, Alejandro, Martín, Jorge, Gabri, Alex Fernández, Josiño (C), Pedro e Antonio. Tamén interviron no encontró Chus, Dani, Diego, Jorge, Sergio, Adán, Miguel e Álvaro.
Adestrador: Javier Ricoy.
Adestrador: Jesús Sixto.
Delegado: Miguel González.
BETANZOS: Kevin, Pablo, Dani, Carneiro, Cesar, Miguel, Joshua, Alberto (C), Alex, Migui e Fernando. Tamén interviron no encontró Pepelu, Iago, Manu, Valiño e Ponte.
Adestrador: Daniel Rodríguez Fernández.
Delegado: Javier Fraga García.
ARBITRO: Miguel Piñón López. Amosoulle cartón amarelo a Josiño do G. Mugardos.
Choque con dúas partes ben diferenciadas. Nos primeiros corenta e cinco minutos o Betanzos tivo o control do partido, creando ocasións de gol ante a portería ben defendida por Álex, aínda que só conseguiu materializar unha delas, mentres os mugardeses apenas chegaban á area brigantina.
Na segunda parte cambiaron as tornas e foi o Mugardos quen tivo máis balón e buscou o empate claramente. Porén tamén é certo que o Betanzos puido sentenciar o resultado en máis dunha ocasión con chegadas á contra que non tiveron o acerto do remate. O cansazo nas pernas foi maiúsculo no conxunto brigantino pois só contaba con dous cambios.
FINAL. NUMANCIA, 0 – ORILLAMAR, 1.
FICHA TECNICA
NUMANCIA: Álvaro, Pablo Ferro, Oscar, Pablo Cartelle, Emi, Adrián, Sergio Rico, Martín (C), Ángel, Fran e Miguel. Tamén interviron no encontró Rolo, Antón, David Gil, Nico e Marcelo.
Adestrador: Miguel Ángel Carballeira García.
2º adestrador: José Manuel Antón Rey.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.
ORILLAMAR: Joel, Carlos, Yago, Sergio (C), Diego Sánchez, Leo, Moran, Boyo, Code, Seo e Andrés. Tamén interviron no encontró Lava, Vila, Elías e Diego Ferreiro.
Adestrador: José M. Abeledo Cajide.
Delegado: Emilio A. Vázquez Tellado.
ARBITRO: José Alejandro Dopico Rodríguez. Amosoulle cartón amarelo a Nico e Adrián polo Numancia, e a Lava polo Orillamar.
Partía coma favorito o equipo coruñés e demostrouno no campo aínda que sen tanta superioridade coma podíamos prever. Controlaba o partido o Orillamar con claridade diante dun Numancia que nunca se rendeu e plantáballe cara en cada balón disputado. O resultado no descanso xa reflectía a vantaxe dos coruñeses por un gol a cero, que puido ser maior de non ter desperdiciado dúas ocasións moi claras ante a portería defendida esplendidamente polo porteiro cadete Álvaro. E na segunda parte seguiu o mesmo partido, con máis control do xogo por parte do Orillamar e un Numancia que porfiaba por encontrar un empate que se lle resistiu. Houbo ocasións por parte de Ángel e de Fran para conseguir ese gol que igualara o partido pero tamén os coruñeses puideron ampliar a súa vantaxe, salvando Álvaro un man a man cun dianteiro do Orillamar. Coma no anterior partido, as forzas foron minguando e baixou o ritmo do partido.
En definitiva, vitoria e trofeo de campión para o equipo da Liga Galega, o Orillamar, e subcampionato para o equipo local, un Numancia que deu a talla ata o final.
PREMIOS:
Finalizado o partido da final comezou a entrega dos trofeos correspondentes:
- Trofeo ao máximo goleador: Ángel Fernández, do Numancia.
- Trofeo ao mellor xogador: Ignacio Seoane, do Orillamar.
- Trofeo de subcampión, entregado por Rayito: Numancia.
- Trofeo de campión, entregado por Manolo, propietario do restaurante “A Casa Nova”: Orillamar.
E despois das duchas, os xogadores visitaron a cantina do Numancia para repoñer forzas degustando uns pinchos preparados por Pepe, cantineiro xefe.
A ADR Numancia agradece a participación dos equipos nesta cuarta edición do trofeo e espera poder volver a organizar este evento en agosto do 2016. Só queda felicitar a todos os participantes polo seu exquisito comportamento e desexarlles grandes éxitos na temporada próxima a comezar.