Inicio Noticias Xuvenís XUVENIS (Pretemporada). NUMANCIA, 5 – R. SAN PEDRO, 4.
 
 

XUVENIS (Pretemporada). NUMANCIA, 5 – R. SAN PEDRO, 4.

PRESENTACION DOS XUVENIS


Na tarde do venres o equipo de xuvenís do Numancia de Ares temporada 2015-16 presentábase en sociedade ante a súa afección disputando un partido amigable fronte o R. San Pedro que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 3 - 0.


Ares, 14 de agosto de 2015.


FICHA TECNICA


NUMANCIA: Agustín, Pablo Ferro, Pablo Cartelle, Óscar, Emi, Martín (C), Marcelo, Fran, Ángel, Iván e Carlos. Tamén interviron no encontro Adrián, Luís, Antón, David, Miguelin, Rolo e Sergio.


Adestrador: Miguel Ángel Carballeira García.


2º adestrador: José Manuel Antón Rey.


Delegado: Javier Aneiros Martínez.


R. SAN PEDRO: Paco, Jandro, Gabi, Andrés, Salceda, Julián, Diego, Tenreiro, Ángel e Manu. Tamén interviron no encontró Alex, Manu e Carlos.


Adestrador: Rubén Rodríguez.


Delegado: José A. Rivera.


COLEXIADO: Miguel Formoso Díaz. Sen incidencias.


GOLES:


1 – 0: Carlos (min. 1) – Centro de Marcelo por banda esquerda e gol de Carlos entrando ata o segundo pau.


2 – 0: Iván (min. 5) – Gran disparo do aresán que sorprende ao porteiro visitante.


3 – 0: Angel (min. 44) – Mal despexe da defensa que recolle Adrián, quen pasa a Angel quen bate ao porteiro na súa saída.


4 – 0: Antón (min. 46) – Roubo de balón no centro do campo, no que Sergio pasa a Antón quen marca de vaselina ante a saída do porteiro visitante.


5 – 0: Antón (min. 51) – Boa xogada combinativa dos locais, onde o porteiro no é capaz de atallar un forte disparo de Iván, e Antón moi atento marca a pracer.


5 – 1: Diego (min. 52) – Contragolpe dos locais, o gol de Diego.


5 – 2: Pablo (min. 66) – Balón roubado polos visitantes en banda esquerda e o Pablo moi rápido bate a Agustin cun forte disparo.


5 – 3: Diego - Penalti (min. 82) – Penalti marcado por Diego.


5 – 4: Diego (min. 86) – Centro dun xogador visitante por banda dereita e gran cabezazo de Diego.


COMENTARIO:


Unha primeira metade onde os aresáns saíron en tromba e en apenas 5 minutos marcaron dous goles que encarrilaban o partido. Nesta metade os aresáns tiveron sempre o control de xogo e o R. San Pedro apenas creaba perigo na porteira dos locais. O Numancia dispuxo de moitas ocasións de gol, antes de que Angel no minuto 44, marcase o terceiro tanto, chegándose ao descanso coa clara vitoria dos aresáns por 3 - 0.


Na segunda metade, os aresáns seguiron igual, coa mesma intensidade, facendo boas xogadas combinativas e ademais estivemos moi acertados cara a gol, onde Anton marcou dous goles máis en apenas 10 minutos. O equipo visitante froito dun baixón de xogo dos locais empezou a crear claras ocasións de gol. Froito dese dominio do xogo, foron caeron os goles a favor dos visitantes, tres goles de Diego e un de Pablo arroxaban o resultado final de 5 – 4.


En resumo, primeira proba saldada con éxito a pesar do baixón de xogo ocorrido na segunda metade, onde o adestrador local Miguel repartiu os minutos entre os 18 xogadores dispoñibles; para comezar a coller ritmo de cara ao comezo da competición o vindeiro 12 de setembro.


Os próximos partidos amigables do Numancia serán o sábado 22 de agosto, onde se disputará a IV edición do Torneo Restaurante A Casa Nova, un cuadrangular coa presenza do Galicia de Mugardos, Betanzos, Orillamar e Numancia.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.