XUVENÍS: PRESENTACIÓN 2015-16

COMEZA A TEMPORADA PARA O EQUIPO XUVENIL DO NUMANCIA

Este vindeiro luns, 10 de agosto, ás 20.30 h. están citados os xogadores da categoría xuvenil do Numancia para levar a cabo a primeira sesión de adestramento da temporada 2015 –16.
 
Ares, 6 de agosto de 2015
 
Miguel Carballeira e Antón, adestradores dos xuvenís numantinos, planificaron unha pretemporada con tres sesións semanais de adestramento (luns, mércores e xoves) máis un partido amigable. De momento xa están comprometidos os seguintes partidos:
 
Venres, 14 de agosto, ás 18.30 h. en Prados Vellos: Numancia – R. San Pedro.
 
Sábado, 22 de agosto, en Prados Vellos: IV trofeo “Restaurante A Casa Nova”, no que participan o G. Mugardos, Betanzos, Orillamar e Numancia.
 
Quedarán cinco semanas para o comezo da primeira fase da liga, tempo suficiente para que os rapaces, xunto aos seus adestradores, poidan traballar e formar un conxunto no que se teñen depositadas moitas ilusións.
 
 
 Numancia de Ares. Xuvenis temporada 2015-16.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.