XUVENIS. PLAN COMPETICIONAL FERROL 2015-16

EUME, MUGARDOS E MANIÑOS, RIVAIS DO NUMANCIA XUVENIL NA PRIMEIRA FASE.
O 13 de setembro comezará a primeira fase xuvenil con dous grupos de 12 equipos.
 
 
 
Ares, 1 de agosto de 2015.
 
Pablo Prieto, representante da Federación Galega, Manolo Mesa, delegado ferrolán e Abraham Yáñez, presidiron a reunión celebrada onte en Ferrol e á que asistiron boa parte dos directivos dos clubs ferroláns. O tema central desta reunión era a presentación e aprobación do plan competicional do fútbol 11.
 
Tomou a palabra o delegado Manolo Mesa para realizar unha proposta conxunta para as categorías de F-11, consistente en organizar os grupos da primeira fase, tendo en conta a clasificación da temporada anterior en cada categoría, de modo que os equipos situados en posición par vaian para un grupo, e os situados en posición impar vaian para outro. Esta proposta foi aprobada polos clubs asistentes e será o método que se utilice nas vindeiras temporadas, substituíndo ao sorteo que se viña efectuando.
 
A continuación, o propio delegado presentou varias opcións para as primeiras fases de xuvenís, cadetes e infantís, onde se valoraron desde as datas de inicio ata a división en 2 ou 3 grupos. Unha vez máis os clubs votaron as propostas e o resultado final foi o seguinte:
 
CATEGORÍA XUVENIL:
 
1. Fórmanse dous grupos de 12 equipos cada un para a primeira fase, que comezará o 13 de setembro e rematará o 22 de novembro, xogándose a unha soa volta.
 
2. GRUPOS:
 
: G. CARANZA "B", AS PONTES, ENSANCHE, PERLÍO, MEIRÁS, O VAL B, CEDEIRA, ÁNIMAS, PORTUARIOS "B", R.S. PEDRO ,DEPORTIVO NARÓN e O FREIXO.
 
2º: PORTUARIOS, NUMANCIA, EUME, MIÑO, SAN SADURNIÑO, CARIÑO, R. DE NEDA, G. MUGARDOS, MANIÑOS, AMISTADE MEIRÁS, DEPORTIVO NARÓN "B" e ORTIGUEIRA.
 
3. Na segunda fase formaranse os grupos A e B con 12 equipos cada un. Ao grupo A irán os 6 primeiros de cada grupo da primeira fase e disputarán o título de liga do grupo, así como as dúas prazas da fase de ascenso á liga galega.
 
4. Na segunda fase non poderán coincidir no mesmo grupo dous equipos da mesma entidade, de maneira que no caso de clasificarse os dous, só pasará ao grupo A un dos equipos, tendo en conta os seguintes criterios:
 
1) O mellor clasificado.
2) O que máis puntos teña.
3) O que conseguira máis goles a favor.
4) O que encaixara menos goles en contra.
5) O que recibira menos amoestacións (xogo limpo).
 
5. Para o grupo B (Torneo Delegación) clasificaranse o seis últimos clasificados de cada grupo.
 
6. A segunda fase comezará o 29 de novembro e rematará o 8 de maio, xogándose unha xornada o 8 de decembro.
 
7. Os horarios dos partidos serán os sábados pola tarde e os domingos pola mañá.
 
8. COPA: Clasificaranse os dous primeiros de cada grupo da primeira fase, xogándose as semifinais a un partido o 15 de maio, nunha sé a escoller. 2º clasificado grupo 1 – campión grupo 2º
 
2º clasificado grupo 2 – campión grupo 1º

A final será o 17 de maio, posiblemente na Gándara (herba natural).
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.