CAMBIO DE ADESTRADORES NO FÚTBOL-11

MIGUEL CARBALLEIRA E ANTÓN, PRESENTADOS AO PLANTEL XUVENIL.

O equipo xuvenil do Numancia estará dirixido na temporada 2015-16 por Miguel Carballeira e Antón, substituíndo a Álex González quen se fará cargo dos cadetes.

 


Ares, 27 de xuño de 2015

Acudiron a Prados Vellos na tarde de onte os xogadores xuvenís numantinos para coñecer aos novos adestradores, Miguel Carballeira e Antón, que foron presentados polaNumancia de Ares. Miguel Carballeira e Antón na sua presentación o equipo xuvenil. directiva do club. Despois dunha introdución na que se aludiu, en primeiro lugar, á boa campaña realizada na temporada anterior, animouse aos rapaces para que afronten a andaina do 2015-16 con máis ilusión se for posible. Explicóuselles a importancia de seguir unidos, de continuar co labor de anos precedentes formando un auténtico equipo non só no campo, senón tamén no vestiario, e que a entidade intenta pór á súa disposición os mellores recursos, tanto materiais coma humanos. Insistiuse en que de seguir nesta liña de traballo e dedicación os resultados seguro que chegarán. Por tanto, transmitiuse a necesidade de non debilitar o equipo, de non tirar agora o traballo de anos anteriores, de que estamos nunha fase culminante de recollida dos froitos. Que é de xustiza para todos, principiando polos propios rapaces, a continuidade dunha promoción onde se xunta a calidade futbolística e humana. Por iso se lles comunicou a intención da directiva de non ceder ante os cantos de serea que xa chegan desde a ría ferrolá, onde están acostumados a pescar impunemente en todos os caladoiros.

Posteriormente, Miguel Carballeira iniciou a súa disertación cun recoñecemento ao labor realizado en temporadas anteriores por todo o equipo, comezando polo seu adestrador, Álex González, e avisando que non ía ser fácil superar o conseguido, aínda que o obxectivo era ese, dar un paso máis e saír desde o primeiro partido coas máximas aspiracións. Tanto Miguel coma Antón solicitaron o compromiso de todos, ofrecendo así mesmo a flexibilidade e comprensión ante as posibles ausencias por mor de exames.

Finalmente, parte dos xogadores quedaron xogando no campo de fútbol e despedíronse ata o inicio da pretemporada, sen data por marcar, a expensas de coñecer o calendario da vindeira temporada.

 

 

Numancia de Ares. Miguel Carballeira e Antón na sua presentación o equipo xuvenil. 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.