Xuvenís. O Val "B", 1 - Numancia, 4

Dependendo de si mesmos

Vitoria por 1 a 4 do equipo xuvenil da ADR Numancia de Ares fronte o equipo de O Val “B” en encontro correspondente a 19ª xornada do grupo 4º da 1ª autonómica. O encontro disputado no campo sintético de O Sinde na mañá do sábado chegou ó descanso con vantaxe visitante de 0 a 3.

O Val, Narón a sábado 18 de abril de 2015.

Aliñacións:

SD O Val “B”: Carlos Leal, Garrote, Aleixo (Cris), Carba, Ángel (Bouza), Carlos Pita, Isma (Sergio), Bruno Castro, Iván (Alex Ponce), Aarón e Dani (C).

Adestrador: Non presenta.

Delegado: Miguel Pena Soto.

ADR Numancia de Ares: Roberto, Emi, José Manuel (David), Berto (Juan), Óscar, Fran (Martín), Iván (C), Carlos (Rolo), Ángel, Adrián (Miguelín) e Marcelo.

Adestrador: Alejandro González Domínguez

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Árbitro: D. Miguel Ángel Piñón López amosou cartóns amarelos a Martín e Juan polo Numancia e por O Val “B” a Dani e Sergio, este último en dúas ocasións.

Goles: Carba para O Val “B” e Ángel (2) e Marcelo (2) para o Numancia.

 

 

0:1 [ 5’] Marcelo: Apertura de Ángel a banda dereita sobre a subida de Emi. O lateral aresán chega preto da liña de fondo e pon un centro ó que non chega por pouco Ángel, pero ó que si chega entrando dende a esquerda e Marcelo para anotar o primeiro tanto.

0:2 [25’] Marcelo: Saída de balón dende campo propio de Iván con pase a Ángel. O dianteiro numantino en carreira encara a porta rival, entra na área e consigue atraer a porteiro e defensa deixando libre de marca a Marcelo ó que asiste para que anote o segundo tanto a pracer.

0:3 [33’] Ángel: Falta en banda esquerda sobre a metade de campo rival que colga á área Alberto. O balón rexeitado chega a pes de Ángel quen preto do primeiro pau anota de forte disparo.

0:4 [64’] Ángel: Recuperación de balón en banda esquerda de Marcelo que entra na área e asiste atrás sobre a entrada de Ángel. O dianteiro aresán anota dende o punto de penalti de forte disparo cruzado ante o que non pode facer nada o meta local.

1:4 [70’] Carba: Saque de esquina dende a esquerda do ataque local. O balón posto ó segundo pau e rematado por Carba de cabeza ó pau contrario facendo inútil a estirada de Roberto.


Visitaba o Numancia o campo do último clasificado coa intención de seguir mantendo intactas as súas aspiracións na liga. O conxunto aresán pronto puxo terra de por medio e anotou os cinco minutos o primeiro tanto. O primeiro dos contratempos para os visitantes foi a lesión de Fran no minuto 21, tendo que abandonar o campo e dando entrada a Martín. O conxunto numantino volveu a anotar no minuto 25 por medio de Marcelo despois dunha boa xogada de Ángel. Sería Ángel no 33 o que poría o 0 - 3 co que se chegaría ó remate dos primeiros 45 minutos sen maiores problemas para os aresáns que estaban a facer un encontro moi serio ante un rival que tentaba plantar cara pero que non chegaba con perigo a meta visitante.

A segunda metade o dominio visitante seguiu e o porteiro local Carlos tivo varias intervencións de mérito ante tiros de Martín, Juan e Ángel. Sería Ángel no minuto 64 o que volvía a poñer terra de por medio e anotar o cero a catro que parecía sentenciar o encontro.

No minuto 70, xa con todos os cambios realizados no bando visitante, chegaría o gol de Carba que ó rematar o saque de esquina golpeou có seu cóbado no nariz de Iván causándolle unha forte hemorraxia e dor que obrigaría a éste a abandonar o terreo de xogo. Así pois os últimos 20 minutos de encontro o Numancia xogou cun home menos. Inda así seguiuse a controlar o encontro e a dispor de algunha outra ocasión para anotar.  Pouco a pouco o encontro foi decaendo ata chegar o remate con o resultado definitivo de 1 a 4 que permite manter as aspiracións numantinas intactas.

Ó remate desta xornada é líder o Numancia con 39 puntos en 18 encontros seguido por Portuarios con 38 e As Pontes con 37 ambos con 17 encontros disputados. A vindeira xornada será decisiva para saber se as aspiracións numantinas seguen intactas, xa que o As Pontes visitará Prados Vellos. Encontro complicado o do vindeiro sábado, onde os locais necesitarán o máximo apoio da afección vermella. A cita está programada para o sábado 25, ás 18:30.

AGORA MAIS QUE NUNCA OS XUVENIS NECESITAN DO TEO APOIO. ACODE A CITA  E FAGAMOS ENTRE TODOS DE PRADOS VELLOS UN FORTIN. FORZA NUMAN.

 

Resultados, Clasificacións e Actas da xornada neste enlace

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.