Xuvenís. Numancia, 4 - Pelío, 2

ADR Numancia de Ares. Temporada 2014-2015. Juveniles. Primera Autonómica Grupo 4. Numancia, 4 - Perlío,2. Prados Vellos. Ares

A temporada pendente dun fío en 10 minutos.
 
Vitoria por 4 a 2 do conxunto xuvenil da ADR Numancia de Ares fronte o Perlío. O encontro, disputado no serán do sábado en Prados Vellos e correspondente á 18ª xornada do grupo 4º da primeira autonómica, chegou ó descanso con vantaxe local de un tanto a cero.
 
Prados Vellos, Ares a 11 de abril de 2015.
 
Aliñacións:
 
ADR Numancia de Ares: Roberto, José Manuel (Emi), Darío (Martín), Alberto, Nico (Juan), Fran (Óscar), Marcelo, Carlos, Ángel, Adrián (C) e Miguelito (Iván)

Adestrador: Alejandro González Domínguez
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
 
CCRD Perlío: Pico, Alex (Cabana), Manu, Gabeiras, Dani Lago, Eli (C) (Brais), Migui, Aarón, Caneiro, Deive (Paolo) e Diego.
 
Adestrador: Miguel Ángel Carballeira García
Delegado: José Manuel Antón Rey
 
Árbitro: D. Eduardo Pereira Dobarro, amosou cartón amarelo a Miguelito polo bando local e a Manu por parte visitante.
 
Goles: Carlos, Iván, Ángel e Dani Lago en propia porta para o Numancia de Ares. Cabana e Gabeiras para o Perlío.
 
[1-0] (21’) Carlos: Disparo de Ángel que rexeita o meta visitante Pico. O balón chega a pes de Carlos que entraba dende a dereita i eleva por riva do meta visitante para anotar o primeiro tanto.
 
[2-0] (63’) Iván: Falta preto da media lúa que executa moi ben Iván anotando preto do pau do meta visitante.
 
[3-0] (79’) Ángel: Asistencia de Martín dende campo propio para a carreira de Ángel quen gaña ó seu marcador e anota sobre a saída do porteiro.
 
[3-1] (82’) Cabana: Balón morto no borde da área local que cae a pes de Cabana quen de forte disparo acurta distancias no marcador.
 
[3-2] (85’) Gabeiras: Saque de esquina dende a esquerda do ataque visitante. O balón posto ben no segundo pau e rematado por Gabeiras a pracer.
 
[4-2] (89’) Dani Lago (p.p.): Entrada por banda dereita de Carlos ata a liña de fondo. O pase cara atrás introdúceo en propia porta Dani Lago ó tentar despexar.
 
 
 
 
Partido moi importante para os locais que tentaban seguir na pelexa polo título de liga. O primeiro tempo comezou con algún aviso visitante, sobre todo a balón parado con claro dominio aéreo.
 
O centro do campo, sobre todo en balóns por alto, era para os visitantes. Mentres os locais tardaron en asentarse, os visitantes dispuxeron de un par de accións para adiantarse. O encontro estaba falto de intensidade. Os locais chegaban pero remataban sen forza ata que no minuto 21 Carlos foi quen de abrir o marcador aproveitando un rexeite do meta visitante.
 
Dende aí ata o descanso pouco máis, chegadas dos locais con remates frouxos e sen perigo. Dominio aéreo do Perlío e xogo impreciso e pouco intenso por ambos bandos. Ben é certo que o calor non axudaba.
 
A segunda metade parecía que comezaba con mellor cara para os locais que sen grandes alardes dominaban e chegaban a facer algunha boa xogada combinativa. O gol tivo que chegar con todo a balón parado no minuto 63 con un bo lanzamento de Iván. No 79 Ángel finaliza unha xogada á contra con asistencia de Martín e pon o terceiro no marcador.
 
O Perlío parecía que baixaba os brazos  i o encontro parecía pechado. Pero os locais empeñáronse en poñer emoción i en dez minutos case tiran todo o traballo da temporada ó lixo.
 
Primeiro cunha falta de intensidade e concentración impresionante que  permite que lle caia o balón ó borde da área a Cabana para anotar o tres a un no minuto 82. Logo concedendo un saque de esquina no que ninguén dos locais e quen de pelexar polo balón e permite a Gabeiras anotar o tres a dous no minuto 85.  E case que anotan novamente na seguinte xogada grazas a outro saque de esquina inda que esta vez o remate ibase fora.
 
Para rematar o encontro a xogada desgraciada de Dani Lago no minuto 89 que anota en propia porta no que foi o remate máis perigoso dos locais neste tramo final de partido.
 
En resumo, moita apatía e falta de gañas no bando local sobre todo nos dez últimos minutos que case supoñen perder o tren da liga.
 
Con este resultado e as vitorias de As Pontes e Portuarios na xornada, a clasificación segue igual. As Pontes primeiro con 37 puntos, segundo o Numancia con 36 ambos en 17 encontros, terceiro o Portuarios con 35 pero cun partido menos.
 
Para a semana os de Ares visitan Sinde para xogar fronte o conxunto de O Val “B” e para confirmar as aspiracións antes das tres últimas xornadas de liga onde espérase ter que decidir todo.
 
Ánimo rapaces!!!
 
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.