Inicio Noticias Xuvenís Xuvenís: Numancia, 4 - Meirás, 1
 
 

Xuvenís: Numancia, 4 - Meirás, 1

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Primera Autonómica. NUmancia, 4 - Meirás, 1. Prados Vellos.Vitoria para seguir na pelexa.

Vitoria por catro a un do equipo xuvenil da ADR Numancia de Ares fronte o Meirás CF en encontro correspondente a 16ª xornada de liga no grupo cuarto da primeira autonómica. O encontro xogado no serán do sábado en Prados Vellos chegou ó descanso con vantaxe local de dous tantos a un.

Prados Vellos, Ares a 21 de marzo de 2015.


Aliñacións:


ADR Numancia de Ares: Roberto, Óscar (José Manuel), Marcelo, Juan (Nico), Alberto, Fran, Ángel, Carlos (Miguelín), Miguelito (Rolo), Martín (C) e Adrián (David)

Adestrador: Alejandro González Domínguez

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Meirás CF: Kevin, Jesus, Óscar, Samuel, Ausín, Sergio, Jony (C), Santi, Pablo, Iago e Isma (Couce).

Adestrador: César López Souto

Delegado: Gumersindo Moreira Agra

Árbitro: D. Cristian Santos González, amosou cartóns amarelos ó local Alberto e ó visitante Sergio.

Goles: Ángel (3) e Alberto para o Numancia, e Jony para o Meirás.

 


1:0 [30’] Ángel: Entrada por banda dereita de Carlos con centro ó primeiro pau onde Ángel anota o primeiro tanto.

2:0 [32’] Ángel: Balón longo dende a defensa de Juan para a carreira de Ángel. O dianteiro numantino recibe preto da media lúa, entrando en diagonal cara á esquerda e bate de tiro cruzado ante a saída de Kevin.

2:1 [35’] Jony: Erro na saída de balón de Alberto, con perda ante Jony preto do pico esquerdo da área. O dianteiro visitante cruza o balón ante a saída de Roberto acurtando distancias.

3:1 [73’] Alberto: Penalti a favor dos locais que anota Alberto.

4:1 [78’] Ángel: Balón de Rolo en banda esquerda que pon sobre a mesma banda cara á entrada de Ángel. Este entra na área e anota de disparo cruzado.

Partido complicado para os locais ante un rival que tiña a medida tomada ó Numancia xa que gañara en copa por 1 a 3 en Prados Vellos e 2 a 1 en liga na primeira volta en Meirás.

O primeiro tempo os dous equipos amosáronse seguros en defensa agás nas xogadas dos goles. O primeiro con un centro medido de Carlos e anticipación de Ángel, o segundo nunha rápida contra onde Ángel fixo valer a súa velocidade e no gol visitante nun erro defensivo aproveitado por Jony.

A segunda metade seguiu sen verse moito xogo pero os locais amosáronse máis seguros en defensa e puxeron máis gañas sobre o terreo de xogo para xerar ocasións. Así lograríanse o terceiro tanto grazas a un penalti transformado por Alberto e o definitivo catro a un en outra rápida xogada por banda ben rematada por Ángel.

O conxunto visitante dispuxo dun par de achegamentos a balón parado ben resoltos por Roberto e un disparo dende longo que tamén necesitou da boa intervención do meta local.

En resumo unha vitoria máis para seguir metidos na pelexa por os postos de privilexio e non perder corda dos dous máis directos rivais.

Finalizada esta xornada e líder o As Pontes con 31 puntos en 15 encontros disputados, segundo e o conxunto do Numancia con 30 e os mesmos encontros xogados e terceiro na loita e o Portuarios con 29 puntos en 14 partidos.

 

Resultados da xornada, clasificacións e actas pulsando neste enlace.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.