Inicio Noticias Xuvenís XUVENIS: NARON, 0 - NUMANCIA, 3
 
 

XUVENIS: NARON, 0 - NUMANCIA, 3

ADR Numancia de Ares. Temporada 2014-2015. Juveniles. Narón, 0 - Numancia, 3. Primera Autonómica. O Cadaval. Piñeiros.VOLVEUSE A GAÑAR.
A ADR Numancia de Ares venceu por cero a tres ó Narón Balompé Piñeiros en encontro correspondente á 15ª xornada do grupo 4º da primeira autonómica xuvenil. O partido, disputado no serán do sábado no campo de O Cadaval, chegou ó descanso con vantaxe visitante de cero tantos a dous.

 
O Cadaval, Narón a 14 de marzo de 2015.

Aliñacións:

Narón Balompé Piñeiros: Sergio, Berto, Arturo (C), Nebril, Alberto, Dani (Brais), Marbin, Joan (Andrés), Barreiro, Pibol (Fran Soto) e Yeray.

Adestrador: Jesús Peña Díaz

Delegado:  Joaquín Díez Fernández

ADR Numancia de Ares: Roberto (Kike), Marcelo, Darío (José Manuel), Óscar (Nico), Alberto, Adrián, Iván (C) (Miguelito), Ángel, Martín (Rolo) e Fran.

Adestrador: Alejandro González Domínguez

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

Árbitro: D. Martin Zakaryan, amosou cantóns amarelos a Dani, Carlos e Barreiro, este por partida dobre, polo Narón e a Alberto polo Numancia. Amosou cartóns vermellos directos a Yeray e Nebril xogadores do conxunto local.

Goles: Ángel (2) e Martín.

 

 

0 – 1 [37’] Ángel: Pase en profundidade de Carlos dende a dereita en metade de campo, para a entrada en carreira de Ángel. O dianteiro visitante deixa atrás ó seu par en velocidade i encara ó meta local. O rexeite inicial do meta aprovéitao de novo Ángel para anotar o primeiro tanto.

0 – 2 [42’] Martín: Recuperación de Alberto do balón á saída dun “córner” na banda dereita. Chegada ata a liña de fondo e centro para a entrada de Martín no primeiro pau quen remata votándose con forza ó chan para anotar o segundo tanto visitante.

0 – 3 [57’] Ángel: Xogada similar ó primeiro tanto na súa elaboración cunha rápida asistencia de Carlos sobre a entrada de Ángel en carreira agora pola esquerda. O dianteiro aresán pugna có seu par i eleva sobre a saída do meta entrando o balón preto do pau dereito da porta local.

O encontro presentábase como decisivo para saber si algún dos dous equipos seguía na pelexa polos postos altos. Os de Ares con moitas dúbidas despois das dúas últimas derrotas e os locais necesitados da vitoria para conectar có grupo de cabeza.

A primeira clara ocasión foi do Narón cun disparo dende fora da área ó longueiro. A partir de aqui os visitantes amosaron unha boa disposición e souberon xogar con calma para sorprender ós locais que comezaron forte pero que pouco a pouco baixaron o ritmo.

O primeiro tanto aresán chegou no 37’ aproveitando Ángel unha boa asistencia de Carlos. O dianteiro aresán deixou atrás ó seu marcador e rematou contra o meta no seu primeiro disparo, o rexeite favoreceulle de novo a Ángel quen no errou no seu segundo intento. O gol asentou ainda máis ós visitantes e descompuxo un pouco ós locais que comezaron a cometer máis erros.

Os de Ares chegaban e forzaban algunha que outra ocasión ata que no 42’ á saída dun “córner” dende a esquerda do ataque visitante o balón acaba nos pes de Alberto no pico contrario da área. A súa disputa có defensor local finaliza con chegada do numantino preto da liña de fondo e centro ó primeiro pau para que Martín entrando con todo anote o segundo tanto visitante.

Boa e disputada primeira parte que remataba con vantaxe visitante pero que prometía unha segunda metade máis disputada.

O comezo da segunda metade cumpría o guión, os locais saíron forte e tentaron achegarse á meta visitante. Pero os numantinos non deron opción e buscaron o gol, unha primeira ocasión de Ángel que despois de facer todo ben remata de forma inexplicable fora de banda.

E nunha segunda que si remata en gol. En xogada similar ó primeiro tanto, agora pola esquerda, Carlos asistiu a Ángel. O dianteiro impúxose ó seu par e anotou preto do pau dereito da meta local despois de elevar o balón sobre a saída de Sergio.

O cero a tres chegaba no minuto 57 e un minuto máis tarde nunha xogada na área visitante o árbitro aprecia que o xogador local Yeray da un golpe a Alberto e amósalle o cartón vermello.

Na mesma xogada remata tamén expulsado por dobre cartón amarelo por protestas o xogador local Barreiro. Esta situación fai que o encontro quede rematado, con vantaxe de cero a tres e fronte a nove rivais, o Numancia segue a xogar y os locais tratan de buscar alo menos un tanto. A máis clara ocasión sería para os de Ares,  Rolo que dispara e o balón sae por riba do longueiro.

Definitivamente o encontro queda roto no minuto 75’, cando unha entrada por banda de Rolo é parada en falta por Nebril. O colexiado interpreta que e ocasión manifesta de gol e decide expulsalo. Tendo así os locais que rematar o encontro con 8 xogadores.

Sen máis irían esgotándose os minutos ata rematar o encontro. A vitoria supón un bo empuxe para as aspiracións do Numancia que segue na loita polo título e deixa moi tocado a un rival directo como o Narón.

Ó remate desta xornada e líder o As Pontes con 28 puntos, segundo o Numancia con 27 e terceiro o Portuarios con 26, con un partido menos, e queda de cuarto o Narón con 21 a falta de sete xornadas para o Portuarios e seis para os outros tres.


Para ver os resultados, clasificacións e actas da xornada, pulsa en este enlace.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.