Xuvenís: Numancia, 1 - Eume, 2

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Primera autonómica grupo 4. Numancia, 1 Eume, 2. Prados Vellos.Apatía

Nova derrota do conxunto da ADR Numancia de Ares, esta vez por 1 a 2 fronte a SD Eume. O encontro correspondente á 14ª xornada da 1ª autonómica xuvenil grupo 4º disputouse no serán do sábado en Prados Vellos. Ó descanso chegouse co empate inicial.

Prados Vellos, Ares a 7 de marzo de 2015

Aliñacións:

ADR Numancia de Ares: Roberto (Kike), David, Darío (Rolo), Óscar, Nico, Miguel, Miguelito, Carlos (Miguelín), Ángel, Martín (C) e Marcelo.

Adestrador: Non presenta

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

SD Eume: Jaime, Borja, Javi (Cristian), Fran, Capi (C), Chema, Josete, Pablito, Pablo, Yeray e Sergio.

Adestrador: Roberto C. Beceiro Iglesias

Delegado: Álvaro Rodríguez Vidal

Árbitro: D. Brais Ferreiro Vázquez, sen amoestacións.

Goles:  Ángel para o Numancia e Pablo e Sergio para o Eume.

0 – 1 [53’] Pablo: Saque de esquina ó punto de penalti con remate de cabeza de Pablo sen moita oposición.

0 – 2 [58’] Sergio: Perda en medio campo do conxunto local con recuperación de balón do Eume. Pase dende a esquerda para a entrada de Sergio polo centro que anota sobre a saída de Roberto.

1 – 2 [89’] Ángel: Apertura dende o centro á banda dereita para a entrada de Rolo. O numantino entra na área e pon un centro que remata ó fondo da rede Ángel entrando dende atrás preto do segundo pau.

Partido ó que ambos rivais chegaban on moitas baixas. Mentres que os locais dispoñían de 14 xogadores os visitantes presentaban só 12. A tarde presentábase agradable no climatolóxico ainda que quizáis cun pouco de calor.

Numancia de Ares. Xuvenís.

O certo foi que o encontro na súa primeira metade foi apático por ambos bandos. Erros, imprecisións, lentitude no xogo e poucas aproximacións ás área respectivas. Apenas un par de achegamentos en ambas áreas resoltos sen problemas por defensas e porteiros.

A segunda metade comezou como rematou a primeira, pouco xogo e poucas gañas. Ata que no minuto 53 os visitantes sacan un saque de esquina e remata dende preto do punto de penalti Pablo. Dende fora deu a sensación de que Pablo rematou con moita facilidade.

Os locais seguían sen centrarse no xogo. Lentos na saída de balón, sen desputa dos balóns aéreos en medio campo. Así no minuto 58, unha saída de balón pola dereita  demasiado contemporizada remata nunha perda de balón. Ante a falta de reacción dos xogadores locais que ven como o balón chega a Sergio quen polo centro da media lúa encara a Roberto e anota o segundo tanto visitante.

Os locais tentaron de achegarse a meta rival, pero sen moito acerto. Ata que no minuto 89 unha xogada ben levada, con apertura dende o centro a banda dereita. Entrada dende banda cara á area de Rolo con centro para a entrada dende atrás de Ángel. Anotando no segundo pau o dianteiro numantino.

Ainda habería unha última ocasión de Ángel para anotar o empate, pero o balón saíu preto do pau.

En resumo, un mal partido, onde a apatía foi a nota predominante. Nova derrota que fai perder ós locais a segunda praza. Agora comanda a liga As Pontes empatados a 25 puntos con o Portuarios, ainda que éstes cun partido menos. Na terceira praza con 24 os Numantinos e na cuarta con 21 o Narón, próximo rival dos de Ares o vindeiro fin de semana.

Resultados, Clasificación e actas da xornada neste enlace

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.