Inicio Noticias Xuvenís Xuvenís: As Pontes, 0 - Numancia, 1
 
 

Xuvenís: As Pontes, 0 - Numancia, 1

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Primera Autonómica Grupo Cuarto. As Pontes, 0 - Numancia, 1. O Poboado.

Vitoria para seguir medrando.

Vitoria dos xuvenís da ADR Numancia de Ares por 0 - 1 fronte ó CD As Pontes en encontro correspondente á xornada 9ª da 1ª Autonómica no seu grupo 4º. O encontro adiado o 31 de xaneiro por mor do mal tempo xogouse no serán deste martes de Entroido no campo de O Poboado. No descanso o resultado xa era de 0 - 1 para os visitantes.

 

O Poboado, As Pontes, 17 de febreiro de 2015.

 

Aliñacións:

CD As Pontes: Ángel, Iago (Iván), Jorge (Martínez), Caínzos, Jandro (C), Cabarcos, Nahúm (Josiño), Brais, Alex, Miguel (Sergio) e Andrés.

Adestrador: Felipe Mieres Fernández.

Auxiliar: Antonio Prieto Carballeira.

Delegado: Jesús Ramiro Fernández López.

ADR Numancia de Ares: Roberto, Emi (Nico), Óscar, Juan (Miguel), Darío, Adrián, Iván (C), Carlos (Fran), Ángel (Miguelín), Martín e Marcelo. 

Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

Árbitro: D. David Sierra Pereira, amosou cartóns amarelos ós locais Ángel, Jandro, Alex e Andrés, e ós visitantes Juan e Adrián.

Gol: Iván

0 : 1 [36’] Iván: Entrada por banda dereita de Ángel quén pon un centro dende o lateral da área pequena entre os defensas para a chegada de Iván, éste entrando desde atrás marca sen oposición.

 

 

Con gran afluencia de afeccionados aresáns comezaba o encontro adiado da 9ª xornada en O Poboado. O terreo de xogo, de herba natural, estaba algo brando o que en principio podería parecer un atranco para os visitantes.

A primeira xogada foi a máis clara oportunidade dos locais ó ter que sacar Roberto un disparo dende media distancia, pero moi forte, e ter que repeler un novo disparo de preto ó rematar o rexeite inicial un dianteiro local.

O perigo local chegaba en forma de balóns aéreos resoltos con máis ou menos dificultade por Roberto e a defensa aresana. Pouco a pouco foise asentando o Numancia e foi equilibrando o encontro e aproximándose con perigo á meta local, ocasións de Iván, Ángel e Martín poñían a proba o meta local Ángel.

O partido era intenso e con ocasións en ambos bandos ata que no minuto 36 unha internada de Ángel por banda dereita permítelle plantarse preto do primeiro pau e atraer a defensa e porteiro deixándolle sen ángulo de tiro pero liberando a entrada de Iván dende atrás. Ángel deu o pase da morte e Iván empurrou o balón ó fondo da rede.

Tras o gol os de Ares asentáronse máis e o medio campo afogaba o xogo local, a presión na saída de balón facía que non houbera claridade no conxunto local e a defensa aresana conxuraba o perigo. Con todo ó final una ocasión dos locais fixo necesaria unha boa intervención de Roberto para evitar o empate.

Na segunda metade co campo moito máis pesado os locais saíron a por todas e o Numancia soubo sufrir e defender o resultado, non sen fortuna nalgunha ocasión que os locais estragaron.

O partido foi facéndose máis físico, con tentativas dos locais controladas con bos movementos defensivos dos visitantes, ainda que ás veces defendendo demasiado preto da meta propia. E tamén con algúns chispazos da dianteira visitante en contraataque que ven puideron sentenciar o encontro.

O final sen forzas na maioría dos xogadores, moi esixidos polo estado do céspede, o Numancia conseguiu saír de As Pontes con unha vitoria moi importante fronte un rival directo que so perdera un encontro ata esta xornada.

Unha vez máis hai que destacar ó grupo, todos sumando e aportando, dando o mellor de si tanto dende dentro como dende fora do campo. Agradecer a afección aresana desprazada ata O Poboado que  estibo, como é habitual, animando e dando folgos os rapaces.

En resumo encontro moi disputado e igualado onde os numantinos tiraron de oficio e sacrificio e souberon sufrir para levar a vitoria. Noraboa rapaces!!.

Remata así a primeira volta na 1ª Autonómica Xuvenil no seu grupo 4º con unha moi digna e ilusionante participación dos aresáns, con 21 puntos situados na segunda posición a un punto do líder Portuarios. Agora toca ser fortes mentalmente e non caer na relaxación. Hai que seguir traballando e tratar de mellorar todos aqueles aspectos nos que aínda presentamos carencias. Estamos nunha boa posición, pero queda toda unha segunda volta moi complicada onde tocará sufrir moito para obter o premio ó final.

 

Crónica e fotos do partido publicada na web AMIGUS de As Pontes.

 

Resultados e clasificación da 9ª xornada pulsando neste enlace

 

Resultados e clasificación actualizados a día de hoxe pulsando no seguinte enlace.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.