Xuvenis: Numancia, 2 - Portuarios, 1

ADR Numancia de Ares. Juveniles 2014-2015. Primera Autonómica. Numancia, 2 - Portuarios, 1

Vitoria sufrida ante o líder.

Vitoria do equipo xuvenil da ADR Numancia de Ares por 2-1 en encontro da xornada 11ª do grupo 4º Primeira Autonómica fronte o líder da competición a SDR Portuarios. O partido disputado no serán do sábado en Prados Vellos chegou ó descanso con vantaxe local de 2-0.

 

Prados Vellos, Ares,  14 de febreiro de 2015.

Aliñacións:

ADR Numancia de Ares: Roberto, Óscar (Nico), Juan (Miguel), Alberto, Darío, Fran (David), Iván (C), Carlos (Miguelín), Ángel, Martín e Marcelo.

Adestrador: Marcos Amor Roel

Delegado: José Antonio Couce Iglesias

SDR Portuarios: Julián (C), Andrés, Solloso (Rascado), Díaz, Dani, Ángel (Gabi), Nano, Martín, Cristian (Adri), Jose e Iago (Joseph).

Adestrador: Juan Carlos Arrojo Fernández

Delegado:  Antonio Bugliot Rodríguez

Árbitro: D. Rodrigo Serrano Naveiras amosou cartón amarelo a Dani e Rascado da SDR Portuarios.

Goles: Ángel e Iván para o Numancia e Cristian para o Portuarios.

 

 

1:0 [15’] Ángel. Balón en medio campo de Iván con pase ó borde da área para Ángel quen adiantándose a súa marca e ó porteiro cruza o pau dereito da porta visitante anotando o primeiro tanto.

2:0 [27’] Iván. Saque de esquina de Fran e remate de cabeza de Iván no primeiro pau adiantándose a defensa e porteiro visitante.

2:1 [59’] Cristian. Falta en tres cuartos de campo lixeiramente escorada á dereita do ataque visitante que Cristian executa forte o primeiro pau. Roberto cando parecía que atallaría sen problema, escórreselle o balón e remate na rede.

Visita do líder a Prados Vellos fronte un conxunto local dirixido por Marcos Amor ante a ausencia por paternidade de Alex Domínguez (¡Noraboa Alex!).

O conxunto local saíu motivado con intensidade e seriedade no seu xogo. Pronto comezou a xerar ocasións e a primeira clara rematou en gol cando ós 15 minutos Ángel aproveitou un pase en profundidade de Iván e adiantándose a defensa e porteiro cruzou o balón ó fondo da rede.

Os locais seguiron apertando e ós 27 minutos á saída dun saque de esquina sería Iván o que remataría no primeiro pau o balón ben servido por Fran.

Disporían os locais de algunha ocasión máis para aumentar o marcador pero o acerto do meta Julián e a falta de puntería evitarían unha maior vantaxe no marcador.

O conxunto visitante tentaba chegar á area local pero  o bo traballo defensivo dos aresáns evitaba o gol dos ferroláns.

Con vantaxe local de dous a cero remataba un primeiro tempo con superioridade local fronte un rival con moita entidade pero ó que non lle saían as cousas.

A segunda metade aumentou a presión visitante e as aproximacións con algo máis de perigo pero o conxunto numantino ben asentado e con orde parecía non pasar moitos apuros.

No minuto 59 unha falta executada por Cristian provoca un erro de Roberto quen non consegue atrapar o balón entrando na meta local e acurtando distancias.

O tanto deu folgos ós visitantes e seguiron atacando, mentres os locais dispuñían de ocasións claras para sentenciar a contra pero novamente Ángel non tivo fortuna cara a porta , e a Iván sacoulle un balón Julián cando xa parecía que entraba  preto da escuadra.

Sufrimento ata o final porque o Portuarios disporía de algunha outra clara ocasión ben resolta por Roberto e pola defensa local.

En resumo partido moi serio do Numancia con intensidade e onde hai que destacar o equipo en xeral onde cada xogador deu o mellor de si, tanto os que saíron de inicio como os que saíron dende o banco ata os que se sumaron a afección para animar dende a bancada.

En fronte un equipo que só perdera un encontro i empatara outro nesta primeira volta e que a pesar da derrota de hoxe remátana coma líderes. Datos estes, que poñen máis en valor o feito hoxe polos aresáns.

Agora, sen tempo para celebrar a vitoria, toca poñerse ó día na competición e disputar o vindeiro martes ás 16:30 en O Poboado, o partido aprazado da 9ª xornada fronte o As Pontes. Partido tamén moi esixente fronte ós agora cuartos clasificados con 16 puntos.

 

Resultados e clasificacións da xornada na primeira autonómica xuvenil grupo 4º pulsando este enlace.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.