Xuvenís: Numancia, 1 - Narón, 1
Reparto de puntos
Empate a un tanto entre a ADR Numancia de Ares e o Narón Balompé Piñeiros en encontro da primeira autonómica xuvenil disputado no serán do sábado en Prados Vellos. O encontro correspondente a cuarta xornada chegou ó descanso con vantaxe local de un a cero.
Prados Vellos, Ares a 13 de decembro de 2014.
Aliñacións:
ADR Numancia de Ares: Roberto, Emi, Darío (David), Óscar, Nico, Iván (C) (Rolo), Miguelito (Fran), Carlos (Miguel), Ángel, Martín e Marcelo.
Adestrador: Alejandro González Domínguez
Delegado: José Antonio Couce Iglesias
Narón Balompé Piñeiros: Sergio, Alberto Anidos (Barreiro), Arturo (Dani), Gabriel (Richi), Nebril, Alberto Bellón, Yeray, Pablo (Diego), Pájaro, Joan e Marbin.
Adestrador: Joaquín Díaz Fernández
Delegado: Álvaro Dopico Martínez
Árbitro: D. Adrián González Franco amosou cartóns amarelos a Pablo, Pájaro e Dani do Narón.
Goles: Miguelito para o Numancia e Marbin para o Narón
1-0 [1’] Miguelito: Pase dende a banda dereita de Ángel a Carlos quen cede ó borde da área a Miguelito, este eleva o balón por riba do meta visitante inaugurando o marcador cando só iban 35 segundos de xogo.
1-1 [71’] Marbin: Xogada pola esquerda do ataque naronés chegada ata liña de fondo e tras unha indecisión defensiva Marbin anota o empate.
Encontro na cume da clasificación coa visita do Narón terceiro clasificado fronte ó Numancia que partía líder nesta cuarta xornada.
Primeiros minutos fulgurantes dos locais que anotaron na primeira xogada do encontro. A presión ó rival e intensidade dos locais facían que o Narón non conseguira xerar xogo e obrigaba ós visitantes a buscar balóns en longo que case sempre eran neutralizados pola defensa local.
Miguelito dispuxo da ocasión máis clara ó mandar ó longueiro un remate dende o borde da área. O perigo na primeira metade foi sempre do lado numantino con dominio no centro do campo e chegadas á area rival pero que non se concretaron en máis goles.
Pola parte naronesa, moito balón aéreo en xogadas de estratexia pero sen perigo para a porta local.
A segunda metade mudou e a pesar de dispoñer dunha primeira ocasión, os locais foron cedendo o centro do campo fronte o maior empuxe visitante que agora tiñan o control do medio campo e forzaban o erro local para montar contragolpes perigosos.
As entradas por banda dos visitantes eran cada vez máis perigosas e disporían de dúas ocasións claras, unha resolta por Roberto que enviou a saque de esquina e outra onde o dianteiro con toda a porta errou no disparo. Pero no minuto 71 Marbin sería quen de anotar e establecer o empate.
Dende aí ata o final as ocasións alternáronse nos dous bandos que tanto dispoñían de ocasión para adiantarse como na xogada seguinte sufrían unha clara ocasión para que se adiantara o contrario.
O Numancia dispuxo de dos claras ocasión a pes de Ángel pero unha saíu preto do pau e a outra cando xa se cantaba o gol, con o balón entrando pola escuadra, era sacada nunha espectacular parada por Sergio para deixar as táboas no marcador.
En resumo, unha parte para cada equipo e reparto de puntos nun encontro onde calquera puido gañar.
Con este resultado o Numancia queda segundo na táboa e o Narón cuarto dunha liga moi igualada e disputada. O vindeiro fin de semana o Numancia visita o difícil campo do Misael Prieto de Meirás antes do parón de Nadal.
Resultados e clasificacións da xornada neste enlace