XUVENIS. Volta Semifinal Copa Delegación de Ferrol. Numancia, 1 – Cariño, 2.

LOITARON ATA Ó FINAL


Partido de volta da Semifinal da Copa Xuvenil Delegación de Ferrol disputado na tarde do xoves en Prados Vellos que rexistrou unha magnífica entrada; con boa asistencia tamén de seguidores de Ortegal.

 

 


Ares 12 de xuño de 2014.


FICHA TECNICA


NUMANCIA: Xaime, Nóvoa, Alberto, Pepe (C), Darío (Juan) (Miguel), Martín, Miguelito (Pérez), Borja, Ángel, Marcelo e Iván (Roque).


Adestrador: Alejandro González Domínguez.


2º Adestrador: Manuel Antonio Bardanca López.


Delegado: José Ramón Hermida Varela.


CARIÑO: David (C), Rubido, Diego Pita, Rubén, Unai, Manuel (Antón), Bruno (Devid), Cristian (Borja), Álvaro, Sergio e Pajón (Rubiños).


Delegado: Argimiro Loureiro Ferro.


COLEXIADO: D. Víctor García Villaverde. Amoestou a Juan no Numancia e a Diego Pita, Manuel e Devid por parte do Cariño. Foi expulsado Nóvoa por parte do Numancia.


GOLES:


0 - 1 (ÁLVARO) Falta lanzada polo equipo visitante que rexeita Xaime. No rechace un Álvaro moi atento anticípase á defensa e anota a porta vacía (minuto 31).


1 - 1 (BORJA) Golazo de falta directa de Borja por toda a escuadra esquerda da portería do Cariño (minuto 75).


1 - 2 SERGIO) Contraataque do Cariño finalizado por Sergio cun bo disparo (minuto 80).


Tarde de verán en Prados Vellos. Sol, calor e unha magnífica entrada digna dunha semifinal de Copa Xuvenil que servía para despedir a temporada oficial 2013- 2014 en Prados Vellos.


No descanso do partido fíxose entrega da camiseta do Real Madrid asinada por Cristano Ronaldo a Dª Olga Castro García, que foi a persoa agraciada na rifa "Pro-Desfibrilador". Os nosos parabéns á Olga, e moitas grazas a todos os participantes pola súa colaboración na compra das rifas.

 

 


Entramos no partido, o Numancia estaba obrigado a remontar o 1 - 0 do partido de Ortegal. Pero nos primeiros 15 minutos foi bastante superior un CD Cariño moi ben plantado no terreo de xogo. Presión en mediocampo, intensidade, roubos de balón e rápidos envíos aos xogadores atacantes para levar moito perigo sobre a portería dun Xaime que salvou ao Numancia en varias ocasións; especialmente nun un contra un con Álvaro. Co paso dos minutos o Numancia comezaba a espertar e achegábase sen demasiado perigo sobre a portería visitante. Pero no minuto 31 chegaba o 0 - 1 obra de Álvaro. No minuto 34 Pajón atopábase cunha fermosa parada de Xaime. Antes do descanso o Numancia tivo varias opcións de empatar pero...... No minuto 39 Borja fallaba ante David un gol cantado motivado tamén por un derribo dun xogador do Numancia no que a parroquia numantina reclamou penalti. No minuto 41 un defensor visitante sacaba da línea un balón no que xa se cantaba ó gol local. Para colmo de males, no contraataque posterior dos visitante Andres Nóvoa era xustamente expulsado tras derribar a un contrario cortando unha clara ocasión de gol. Chegabamos ao descanso cun 0 - 1 quizais xusto e co Numancia con 10 xogadores. ¡¡¡Demasiado castigo¡¡¡


Na reanudación apareceu o orgullo numantino. Os de Ares cercaban a portería do Cariño con balóns colgados, internadas por bandas e disparos dende media distancia. Non había sorte ata que no minuto 75 Borja anotaba o gol da esperanza establecendo o 1 - 1. Houbo un arreón do Numancia pero Sergio no minuto 80 mataba a eliminatoria co 1 - 2. Os últimos minutos foron os minutos do lixo onde sobraron certas cousas que por desgracia xa estamos acostumados a ver nos campos de fútbol da comarca; propias da tensión dun Mundial.... perdón; do fútbol base.


En resumo, gran partido con moita entrega e sacrificio pese ao calor por parte dos xogadores de ambos equipos. O CD Cariño levou o premio gordo e xogará a Final de Copa xuvenil o sábado as 19:00 h no campo de A Gándara ante o Narón Balompé. O Numancia levou o recoñecemento e os aplausos do público pola seu esforzo e loita durante os 90 minutos. ¡¡¡Noraoa a todos¡¡¡


En definitiva, boa temporada do equipo xuvenil. Unha actuación aceptable na Liga e unha magnífica actuación na competición de Copa onde un grupo de xogadores comprometidos durante todo o ano; cun bo comportamento dentro e fóra do campo e que tamén axudaron o primeiro equipo cando fixo falta quedaron ás portas da final. ¡¡¡Non se pode pedir moito mais a un equipo xuvenil¡¡¡ Esa idade tan compricada.... foi superada con nota nesta temporada. ¡¡¡¡Felicidades CAMPIÓNS¡¡¡


Con este partido rematou a temporada 2013-2014 oficial para o Numancia de Ares. Agora quedan os equipos do fútbol - 8 cumprindo cos seus compromisos dos Torneos.


Para despedir o fútbol en Prados Vellos, este sábado dende as 17:00 h teremos o IV Triangular das Peñas Deportivas Aresanas onde Real Madrid, RC Deportivo de A Coruña e FC Barcelona prometen rivalidade, fútbol e moitas anécdotas. ¡¡Non faltedes¡¡¡


LA ILUSIÓN NUNCA SE LESIONA


O Numancia somos tod@s.


Hoxe mais que nunca:


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Máis información e imaxes do encontro na web do Cariño pulsando neste enlace.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.