XUVENIS. 1/8º COPA DELEGACIÓN DE FERROL. EF ENSANCHE, 0 - NUMANCIA, 3.

PASAMOS A CUARTOS.

Partido de oitavos de final da Copa de Ferrolterra na categoría xuvenil, celebrado na mañá do pasado domingo no campo de herba natural de A Gándara. O partido finalizou coa vitoria do Numancia, ao descanso o resultado era de 0 - 1.

 


Antes de dar comezo a o partido gardouse un respetuoso minuto de silencio en recordó de D. Juan Iglesias Núñez “Taino”, o que fora xogador e adestrador no Numacia, e que tristemente nos deixaba esta semana. Descanse en paz.

Ferrol, 25 de maio de 2014.

FICHA TECNICA

EF ENSANCHE: Javi, Carlos, Marcos, Dani Cilleiro, Julián (C) (Iván Rodríguez), German (Víctor), Pablo, Iván Salceda, Dani Díaz, Dani Álvarez e Luís.

Adestrador: José A. Rivera López.

Delegado: Rubén Rodríguez Fernández.

NUMANCIA: Xaime (Roberto), Nóvoa (Miguel), Pepe (C), Alberto, Darío, Adrián (Roque), Marcelo, Martín, Ángel, Miguelito (Jesús) e Pérez (Edu).

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

2º adestrador: Manuel Antonio Bardanca López.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

ARBITRO: Adrián González Franco. Amoestou a Dani Álvarez e Carlos polo Ensanche.

GOLES:

0 - 1: MARCELO (min. 30), envío de balón de Adrián ás costas da zaga local sobre Marcelo que o disputa cun defensa e o porteiro, finalmente o xogador aresano se leva o balón e marca a porta baleira.

0 - 2: PEPE (min. 57), falta lateral que colga Adrián ao segundo pau onde Pepe remata de cabeza ao fondo da rede.

0 - 3: ANGEL (min. 75), xogada por banda esquerda de Marcelo, centro á área que rexeita a defensa, o balón chega aÁngel no lateral dereito, intérnase driblando a dous defensores para marcar de disparo cruzado.

Antes de comezar o partido caeu un pequeno chuvasco que puxo o campo moi rápido, dificultando un pouco os pases e as intervencións dos porteiros. Afortunadamente no resto do encontro púidose gozar dunha soleada mañá.

O partido comezaba con moita igualdade e moita precaución por parte dos dous equipos e tamén algo condicionado pola rapidez do céspede. A primeira ocasión de gol sería para os de Ares cun disparo de Ángel dende fóra da área que envía o porteiro e córner. Os do Ensanche tamén levarían moito perigo sobre a área aresana en xogadas a balón parado. No 20´, falta lateral botada polos ferrolanos que Xaime detén en dous tempos. No 22´ nova oportunidade local, nesta ocasión Dani Díaz nun man a man con Xaime cruza lixeiramente e o balón marcha fóra. Á media hora de xogo Marcelo nunha disputa polo balón con dous xogadores locais consegue levárseo e adiantar os de Ares. A raíz do gol os numantinos viñéronse arriba pasando a coller o control do xogo ata o descanso, ao que se chegou co resultado de 0 - 1.

Comezaba a segunda metade cun primeiro aviso visitante a saque de falta de Martín que Edu remataba fóra. No 50´, unha falta de entendemento entre Pepe e Xaime propiciaba que o balón chegase a Dani Díaz, quen coa portaría baleira, afortunadamente para os de Ares, enviaba o balón fóra. A medida que avanzaba o reloxo o Numancia foi facéndose pouco a pouco co partido, e no minuto 57, Pepe marcaba o segundo gol visitante. Os do Ensanche non lle perderon a cara ao partido e seguiron intentándoo, sobre todo tratando de aproveitar as xogadas a balón parado e segundas xogadas, pero os de Ares apenas pasaron apuros. No minuto 75, Ángel aproveita un rexeitamento da defensa local e marcaba o terceiro tanto aresano. Tres minutos despois puideron acurtar distancia os ferrolanos, pero Daní Díaz non aproveitaba un man a man fronte a Roberto. O que tampouco aproveitaba a oportunidade pouco despois para os de Ares era Roque que recollía un rexeitamento e a porta baleira enviaba o balón fóra. No último tramo o partido estaría baixo a batuta do Numancia que xeraría algunhas boas ocasións pero finalmente o marcador xa non se movería.

Con este resultado os de Ares pasan a cuartos de final da Copa Delegación de Ferrol onde se medirán o San Sadurniño que á súa vez se desfixo do Meirás. O partido resolverase a unha soa volta o próximo sábado en Prados Vellos, onde esperamos ver a toda a Marea Vermella para animar os rapaces..

Destacar do partido o debut de Edu, quen retornaba ás filas do Numancia despois de 3 temporadas militan
do no Racing de Ferrol, nas que xogou nas categorías de División de Honra e Liga Nacional. Edu benvido de volta á casa.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.