Inicio Noticias Xuvenís XUVENIS. NUMANCIA, 5 - O VAL "B", 1.
 
 

XUVENIS. NUMANCIA, 5 - O VAL "B", 1.

VITORIA PARA REMATAR A LIGA

Partido correspondente á última xornada da liga local xuvenil disputado nunha calorosa tarde de sábado en Prados Vellos que rematou con vitoria local. Ao descanso o resultado era de 3 - 1.

 

Ares, 17 de maio de 2014.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Xaime (Roberto), Nóvoa (Couce), Jesús, Alberto, Darío (José Manuel), Adrián (C) (Gaby), Iván, Martín, Ángel, Miguelito (Miguel) e Marcelo.

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

2º Adestrador: Manuel A. Bardanca López.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

O VAL “B”: Carlos (Fran Pérez), Edu, Bruno (Iván), Dani, Fran (C), Samuel, Aarón, Diego, Carlos (Manuel), Hugo e Raúl.

Adestrador: José F. Grandal Grandal.

Delegado: Francisco J. Ameneiros Lago.

COLEXIADO: D. Miguel A. Piñón López. Amoestou a Fran polo Val.

GOLES:

1 - 0: MARCELO (min. 3), pase en longo de Martín á área que Marcelo disputa con Fran, o xogador aresano consegue gañarlle a partida ao defensor ao que recorta para disparar raso e axustado ao primeiro pau fóra do alcance do porteiro.

1 - 1: CARLOS (min. 9), xogada por banda dereita do Val con centro á área que Nóvoa rexeita de cabeza, o rexeitamento lle cae na frontal da área a Carlos que baixa o balón e de forte disparo bate a Xaime.

2 - 1: MARCELO (min. 14), presión do Numancia á saída do balón, a defensa visitante cede ao porteiro, Marcelo moi atento logra interceptar o despexe forzado do gardameta para facerse co esférico e superalo por abaixo.

3 - 1: ANGEL (min. 20), roubo de balón de Ángel no lateral esquerdo da área, intérnase e bate por abaixo o gardameta na súa saída.

4 - 1: ALBERTO (min. 60), falta dende a esquerda que colga Iván ao segundo pau por onde entra Alberto para rematar co pe según lle cae e enviar o fondo da rede.

5 - 1: MARCELO (min. 73), internada polo centro de Iván, apertura cara á dereita para a entrada de Marcelo quen marca de disparo raso.

 

 



Partido que pronto se lle poñería de cara aos de Ares co primeiro gol de Marcelo nos minutos iniciais. Intentou o Val o empate con dous disparos afastados que non encontraron os tres paus. Carlos lograría o obxectivo valexo aos dez minutos de xogo despois de aproveitar un balón rexeitado na área local. A partir de aquí os numantinos puxéronse o mono de traballo e comezaron a exercer presión sobre o rival que trataba de saír co balón controlado dende atrás. O traballo produciu os seus froitos, roubando os de Ares varios balóns, cuxo de dous deles chagaron dous novos goles locais, primeiro o de Marcelo e posteriormente Ángel. Puideron chegar máis goles posto que ocasións houboas, grazas o traballo e dispendio físico aresano que non cesou ata o asubío do intermedio ante un Val que non estivo nada cómodo e que apenas pisou a área numantina. O marcador desafortunadamente non se movería polo que finalmente ao descanso nos fomos co 3 - 1.

Comezaba o segundo tempo co Val tratando de ter a pelota. Aos poucos minutos da reanudación un bo disparo visitante dende a frontal da área era abortado cunha boa parada de Roberto en dous tempos. Responderon os de Ares con dúas chegadas consecutivas e senllos disparos que marchaban por enriba da portaría.

Pouco tardaron os de Ares en volver tomar as rendas do partido e a volver chegar con perigo á área valexa. Ángel daba un primeiro aviso cun bo disparo, e non menos gran rexeite de Fran Pérez que enviaba a córner. Da saída do córner duas novas ocasións locais que abortan Fran e a defensa.

Co partido baixo a batuta dos de Ares, no minuto 60 Alberto establecía o 4 - 1. E Marcelo trece minutos despois marcaba o seu hat-trick particular para poñer o 5 - 1. Na xogada deste gol lesionábase o xogador aresano Iván que tiña que abandonar o terreo de xogo. Os de Ares, con todos os cambios realizados, tiveron que afrontar os últimos quince minutos en inferioridade numérica. Máis isto non foi impedimento para que os numantinos continuasen tendo o control do partido ata o asubío final.

En resumo gran partido do conxunto xuvenil aresano con gran dispendio físico, sabendo sobrepoñerse á calor, e a afrontar o tramo final do partido en inferioridade numérica. Hoxe os xuvenís transmitiron boas e grandes sensacións de cara a afrontar a eliminatoria de copeira o próximo fin de semana na Gándara fronte a EF Ensanche. Sorte rapaces.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.