XUVENIS. NUMANCIA, 5 - MANIÑOS, 1.

MANITA PARA ACABAR COA RACHA DOS EMPATES.

Partido correspondente a trixésima xornada da liga xuveníl disputado na tarde do sábado en Prados Vellos entre os equipos do Numancia e Maniños que rematou coa vitoria local por 5 – 1. O descanso o resultado era de 2 – 1.

 


Ares, 26 de abril de 2014

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Roberto (Agustín), José Manuel, Jesús, Alberto (Pepe), Darío, Adrián (C), Pérez, Martín (Gaby), Borja, Miguel (Roque) e Couce.

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

2º adestrador: Manuel Antonio Bardanca López.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

MANIÑOS: Andrés, Demi, Rober, Adri (Dani), Dopi, Rafa, Alex, Yerai (Javi), Busta, Beci (Romero) e Esteban (Fil).

Delegado: José Mourente Fernández.

ARBITRO: D. Cristián Santos González, asistido nas bandas por D. Christian Pérez Tejerina e Adrián Benito Cancio Valcarce. Amosoulle cartón amárelo a José Manuel e a Roque ambos do Numancia

GOLES: Borja (5) para o Numancia e Alex para o Maniños.

1 - 0: Borja (min. 9), centro de Pérez dende banda esquerda que remata Borja de cabeza coando o balón axustado ao pau.

1 - 1: Alex (min. 33), balón de Beci ás costas da defensa local para a entrada de Alex que o cruza ao segundo pau ante a saída de Roberto.

2 - 1: Borja (min. 42), cambio de xogo de Martín dende a banda dereita á esquerda para a entrada de Borja que marca de disparo raso.

3 - 1: Borja (min. 57), maxistral lanzamento de libre directo de Borja por enriba da barreira que se coa pegado ao pau.

4 - 1: Borja (min. 73), bonitas triangulacións consecutivas dos de Ares que arrancan dende campo propio e que finalizan cun centro de Darío dende banda esquerda á área onde Borja por abaixo envía o fondo da rede.

5 - 1: Borja (min. 87), pase en profundidade de Roque entre os defensas para a entrada de Borja, o dianteiro aresano queda só ante o porteiro ao que supera de vaselina na súa saída.

 



Partido sen moita historia no que os de Ares tiveron a posesión do balón, levaron a iniciativa do xogo e marcaron o ritmo durante boa parte dos noventa minutos. O conxunto de O Pote tratou de aproveitar as súas opción con balóns colgados o área, precedidos de xogadas a balón parado, e balóns en longo tratando de gañar as costas dos defensas.

Ao descanso chegouse co resultado de 2 - 1, nuns primeiros corenta e cinco minutos nos que aos locais lles faltou algo de tiro a porta. Na segunda metade os de Ares puxeron algo máis de artillaría e foron chegando os goles, ante un Maniños que o intentou coas súas armas, pero que se viu superado con certa facilidade polo equipo aresano.

Con esta vitoria ante o Maniños os de Ares rompen una racha de catro empates consecutivos.

Próxima parada para os xuvenís, o xoves día 1, ás 16:00 h en Caranza, onde a falta de catro xornadas, os de Ares se enfrontarán ao xa actual campión de liga, a Galicia de Caranza "B".

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.