XUVENIS. SORTEO COPA “DELEGACION DE FERROL” TEMPORADA 2013– 2014.
Na tarde de hoxe celebrouse na Delegación de Fútbol de Ferrol o sorteo de Copa Xuvenil Temporada 2013-2014.
Ares, 25 de marzo de 2014.
A Copa Xuvenil Temporada 2013-2014 dará comezo o mércores 21 de maio, celebrándose unha eliminatoria previa (a un partido) que afectará, únicamente a 4 equipos. Os dous vencedores destas eliminatorias, entrarán cos 14 equipos restantes en oitavos de final.
A eliminatoria de oitavos de final, celebrarase o sábado 24 de maio (a un partido), os gañadores enfrontaranse nos cuartos de final, que se celebrarán o sábado 31 de maio (a un partido).
Unha vez finalizados os cuartos de final, os catro equipos clasificados disputarán as semifinais (a dobre partido), o sábado 8 de xuño (partido de ida) e o mércores 11 de xuño (partido de volta).
O último encontro desta competición, enfrontará aos dous finalistas, o sábado 14 de xuño, nas instalacións deportivas da Gándara - Ferrol, coincidindo coa final de Copa F-8 feminino.
Para ver o calendario de copa da categoría xuvenil PICA AQUÍ.