Inicio Noticias Xuvenís XUVENIS. NUMANCIA, 1 - G. DE MUGARDOS, 1.
 
 

XUVENIS. NUMANCIA, 1 - G. DE MUGARDOS, 1.

RESULTADO XUSTO

Partido correspondente á xornada 26ª da liga local xuvenil disputado na tarde do sábado en Prados Vellos. O partido rematou con empate uns. No descanso o resultado era de 0 - 1.

 

Ares, 22 de marzo de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Xaime, Marcelo (Miguel), Darío (Isaías), Jesús, Alberto, Adrian, Iván, Juan (Pérez), Ángel, Roque (C) (Martín) e Nóvoa (Miguelito).

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

2º adestrador: Manuel Antonio Bardanca López.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

G. DE MUGARDOS: Alex, Mateo, Mario, Alejandro, Fabio (C), Álvaro, Jorge (Javi), David Vila (Antonio), Josiño, Juan e Andrés.

Adestrador: Jesús Sixto Gelpi.

Delegado: Miguel A. González López.

ARBITRO: Manuel Jesús Bejarano Estepa. Amoestou a Roque, Juan e Iván polo Numancia. Polo Mugardos tamén viron o cartón amárelo Josiño e Juan. Foron expulsados o adestrador do Numancia, e os xogadores do Mugardos Antonio e Andrés.

GOLES: Iván para o Numancia (69´), e Juan para o Mugardos (42´).

  



Gran presenza de público de ambas as dúas afeccións en Prados Vellos para disfrutar dun novo derbi Numancia – Mugardos, nesta ocasión de xuvenis. Tras os noventa minutos regulamentarios, e despois dun partido que mantivo a emoción ata o último segundo, numantinos e mugardeses asinaron un empate que deixou contentos os dous.

Partido que comezaba cos de Ares tomando a iniciativa do xogo, e así sería durante os primeiros vinte minutos. Malia ter o control do balón, os de Ares apenas xeraron xogadas de perigo na área visitante. A máis clara sería no minuto quince cun remate de cabeza de Darío que marchaba lambendo o pau.

Despois deste período de tempo de clara posesión dos locais, o partido non tivo dono ata o descanso. A cinco minutos deste adiantábase o Mugardos por medio de Juan, cun perfecto disparo bombeado dende a semilúa do círculo central que superaba por alto a Xaime. Co resultado de 0 - 1 marcharíamos ao descanso.

Comezaba a segunda metade cuns primeiros dez minutos nos que o xogo estivo repartido pero sen aproximacións claras ás áreas. Pouco a pouco os de Ares volveron tomar a iniciativa e a chegar con algo de perigo á área mugardesa. Os aresanos, no minuto 59, daban un primeiro aviso cun lanzamento de falta lateral moi pechado de Juan que daba no segundo pau. Tres minutos despois daban a réplica os mugardeses cun balón colgado á área ao que o porteiro local sae en falso e a punto está de coarse na portaría. Prácticamente na xogada seguinte volvían ser os de Ares os que desaproveitaban unha clara oportunidade, nesta ocasión de Iván fronte ao porteiro, pero o dianteiro local estrelaba o balón no lateral da rede.

Nesta fase do partido eran os de Ares os que tiñan o control do xogo, e os que xeraban as ocasións ante un Mugardos ao que lle custaba parar o xogo local. No minuto 66, era Ángel o que tiña a ocasión cun forte disparo dende fóra da área ao que responde cunha sensacional parada o meta mugardes Alex enviando a córner.

Pronto tería o Numancia o premio ao seu mellor xogo. Sería no minuto 69, apertura a banda esquerda de Marcelo para Iván, éste intérnase polo lateral da área e cruza o balón ao segundo pau para empatar o partido.

A primeira ocasión clara para os mugardeses neste segundo período chegaría no minuto 73, cun lanzamento directo de Juan que se estrelaba no longueiro. Dez minutos despois, saque de esquina que finalizaría cun remate dende fóra da área que marcha alto. Con estas dúas xogadas o Mugardos volvía estar vivo e entraba de novo no partido.

Nos minutos finais, os nervios, as présas e o ímpeto por quererse levar os tres puntos fixeron aflorar as tarxetas e as expulsións. Pero sen maiores consecuencias. Son as cousas que teñen os derbis. Decir que ningún dos dous equipos saeu contento coa actuación arbitral neste partido, sobre todo o Mugardos que viu como o seu xogador Antonio era expulsado inxustamente nun claro erro do arbitro. "Aclaración: recibeuse con posterioridade una rectificación a acta arbitral coa subsanación do erro, resultando ser Mateo o xogador expulsado no Mugardos."

Aínda así, dentro do desaxuste e a desorde final, calquera dos dous equipos puido levarse a vitoria posto que os dous terían unha última oportunidade. Primeiro teríana os de Ares no minuto 44, nun man a man de Martín co porteiro, pero o disparo do xogador local sairía bastante desviado. E no minuto seguinte, sería a quenda para o Galicia, e ésta por partida dobre, con dous disparos a queimarroupa consecutivos, primeiro de Andrés e a continuación de Josiño, aos que respondeu Xaime con dúas grandes paradas.

Estas serían a xogadas que daban paso ao asubío final dun partido que remataba cun xusto empate a uns.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.