Inicio Noticias Xuvenís XUVENIS. NUMANCIA, 3 - MEIRAS, 2.
 
 

XUVENIS. NUMANCIA, 3 - MEIRAS, 2.

VITORIA CON SUFRIMENTO

Bo partido dos aresáns, pero ao que lle sobraron quince minutos, tempo no que o Meirás a piques estivo de aguarlles a festa aos locais.

 


Antes de dar comezo o partido gardouse un respectuoso minuto de silencio en recordo do avó de Martín, xogador xuvenil do Numancia, finado recentemente, e das vítimas polo tráxico accidente marítimo acontecido no Faro de Meirás no día de Reis.

Ares, 11 de xaneiro de 2014.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Xaime (Kike), Marcelo, Darío (José Manuel), Jesús, Pepe (C), Adrián (Isi), Iván, Diego Pérez (Andrés Nóvoa), Ángel, Miguelito (Miguel) e Martín.

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

2º adestrador: Manuel A. Bardanca López.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

MEIRAS: Javi, Morado, Jesús (Alex), Sergio, Freire, Chino (C), Jony, Iago (Dani), Isma (Brian), Javi Martínez e Pablo (Miguel).

Delegado: Cesar López Souto.

ARBITRO: Alberto Martínez Miguez. Amosoulle cartón amárelo a Pepe polo Numancia, e a Jony polo Meirás.

GOLES

1 - 0: Martín (min. 36), centro dende banda dereita a frontal da área que controla Iván, apertura deste á esquerda sobre Ángel quen se vai dun defensor, alcanza a liña de fondo e pon un pase ao corazón da área, onde Martín se adianta á saída do porteiro e envía o fondo da rede.

2 - 0: Ángel (min. 48), presión e roubo de balón de Iván na cesión dun defensa ao porteiro, intérnase cara á área e abre en paralelo para a entrada de Ángel quen nun man a man encara ao gardameta e báteo de disparo cruzado.

3 - 0: Marcelo (min. 68), xogada de Marcelo por banda dereita do ataque local, pase sobre Andrés Nóvoa e parede deste de novo sobre Marcelo á frontal da área, Marcelo intérnase e bate o porteiro por abaixo.

3 - 1: Brian (min. 75), saque de esquina a favor do Meirás, o balón escápaselle a Kike das mans e cae nos pés de Javi Martínez, éste abre para Brian quen marca a porta valeira.

3 - 2: Brian (min. 86), falta dende tres cuartos de campo ao corazón da área, touca Brian e o balón ao fondo da rede.

 

 



Partido que comezaba de forma trepidante impoñendo os de Ares un forte ritmo de inicio. Os primeiros quince minutos de xogo foron claramente de dominio local. Os de Ares neste intervalo de tempo dispuxeron de varias ocasións claras para adiantarse no marcador. No minuto seis, unha falta botada por Martín é prolongada por Iván dentro da área e o balón estrélase no longueiro. Minutos despois os mesmos protagonistas dispoñerían de senllos disparos que marcharían fóra por moi pouco. E no vintedous un disparo de Ángel dende a frontal e rexeitado cunha boa parada de Javi, o porteiro do Meirás. Era a carta de presentación dun Numancia que quería a toda costa os tres puntos. Pasados eses minutos de apuro iniciais para os visitantes o partido igualouse comezado a chegar o Meirás timidamente á área numantina con balóns en longo buscando as costas da defensa local, pero sin moitos apuros para os intereses numantinos e que nalgúns deles Xaime resolveu con solvencia.

No minuto trinta e seis, os de Ares abren a lata e adiántase no marcador por medio de Martín nunha xogada de forza ante o porteiro do Meirás. O partido continuou polos mesmos derroteiros, bastante igualdade, aínda que cun Numancia que daba máis sensación de perigo que o conxunto visitante. No tempo engadido deste primeiro período, un libre directo botado por Jony que se estrelou no longueiro, foi a ocasión máis clara para os visitantes.

A segunda metade comezaba cun novo gol local, nesta ocasión de Ángel, despois dunha boa presión de Iván na saída do balón dende atrás, logra roubar e pono en bandexa para Ángel. Este tipo de xogada deulles no día de hoxe moi bos resultados aos numantinos, pois o Meirás non se sentiu nada cómodo atrás, e aos de Ares serviulles para roubar algúns balóns e levar moito perigo á área. No minuto sesenta e oito, despois dunha bonita xogada de combinación entre Andrés Nóvoa e Marcelo chegaría o terceiro tanto aresano. A partir de aquí foi decaendo o ritmo dos locais, os de Ares perderon o centro do campo e o Meirás foi pouco a pouco decantando o partido no seu favor.

No minuto setenta e cinco despois dun saque de esquina chegaría o primeiro gol do Meirás obra de Brian. Sería o preludio do que viría a continuación. Con este gol os visitantes viñéronse arriba ante un Numancia algo descompensado e ao que comezaba a pasarlle factura o cansazo. Cinco minutos despois do primeiro gol do Meirás, éstes volvían avisar cun disparo ao pau de Miguel. No oitenta e seis Brian toca na área un lanzamento de libre directo e pon o 3 - 2 no marcador. Os últimos minutos de partido foron de moita tensión e moitos nervios pola incerteza do resultado, pero afortunadamente nesta ocasión os tres puntos quedaron en Prados Vellos.

Colaboradores

Coa colaboración do concello de Ares

Coa colaboración da Deputación da Coruña.

Deporte Galego.

Real Federación Galega de Fútbol

Bodegas & Vinos Ares. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Hotel - Restaurante VILLA DE ARES.

Ferretería SAR.

Centro de Quiromasaxe DOENZAS.

Seguros ZAMBORELA

Smash Padel 4

Ópticas NOROESTE Farmaóptica

Asesoría OCAMPO

Floristeria REAL

Euronics Ares.

O BODEGON

Barbería CARTELLE

Industrias LOPEZ CARTELLE

Promociones GAMUNDI Y FERNANDEZ, S.L.

GAMMA RAMIL

Artigos de regalo e papelería NIN IDEA.

Clínica Veterinaria SAN ANTONIO.

El Kiosko de EMMA

AGROTENDAS. Agro Pet Garden

Mesón - Restaurante - Vinoteca A FERRADURA.

Tarrafa . Colaborador coa ADR Numancia de Ares

Cafe Bar El Puente. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Yambú Café. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Textura Restaurante. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Recuncho das Teas. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

O Muro. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

IngeniAres Servicios de Ingenieria. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Regaifa. Panes & Dulces. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Coviran. Autoservicio Gelis. Colaborador coa ADR Numancia de Ares.

Bazar Moncho, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería y Estética María Roel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Salón de Belleza LYP, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Thayberna, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Barros & Brage. Administración de Fincas, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar Avenida, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Café Bar O Gaiteiro, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Forno Cotos, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Proxest, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peluquería Unisex Piscis, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Domus Aseores Inmobiliarios, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bazar Chino Universo , colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar "Os Cuñaos - Playares", colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bocarte Gastrobar, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Autoescuela Ruta24 - COFEPA - Caranza, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Asesoría Sar Ares S.L., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Panadería García López., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

O Palco, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

DV Albañilería, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Don Ero, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Innova Jardín, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Peixería Mares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Frutas Anxo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Complementos La Llave de Ares, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Servicios Inmobiliarios Housefulness, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Construcciones MCA Hijos de Aquilino SL, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Carnicería Charcutería Ángel, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Cafetería Casino Aresano, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares., colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Ares Clínica Dental, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Joyería Aresjoya, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

José Bañobre Peluqueros, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

A Casa Nova Vinoteca, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Bar Callejón, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Red Infinita, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.,

Error Ferrol, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Trisi Sport, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Restaurante Pizzería Corbalán, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

El pez rojo, colaborador coa A.D.R. Numancia de Ares.

Áncora Librería Papelería. Colaborador  coa A.D.R. Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.