XUVENIS. NUMANCIA, 0 - G. CARANZA "B", 3.

CARA “A”….. CARA “B”.

Dous paus separaron os de Ares de meterse nun partido do cal desapareceron na segunda metade.

 


Prados Vellos, 14 de decembro de 2013

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Agustín (Xaime), Darío, Marcelo, Jesús, Alberto, Martín, Pérez (Ángel), Couce (Isaías), Iván, Miguelito (C) (Miguel) e José Manuel (Roque).

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

2º adestrador: Manuel Antonio Bardanca López.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

G. CARANZA “B”: Dopi, Romero, Alex (Javi Fernández), Javi González, Fer (C), Ferreño (Alberto), Yeray (Taboada), Aitor, Dieguito, David e Barreiro.

Adestrador: Pablo Mesa Morado.

Delegado: Pedro Garrote Hermida.

ARBITRO: Telmo Pérez Vázquez. Amoestou a Agustín, Miguelito e Ángel polo Numancia, polo Caranza tamén viron a cartolina amárela Alex e Barreiro.

GOLES:

0 - 1: Javi González (min. 37), falta lateral en banda dereita sacada en curto con apertura ao pico do área e posterior centro, o balón bota no punto de penalti e Javi González "o Kaiser de Limodre" mete a cabeza para enviar o fondo da rede.

0 - 2: min. 72, Dieguito de penalti.

0 - 3: Taboada (min. 77), contragolpe do Caranza ao que sae Xaime nun man a man co dianteiro visitante, éste toca lixeiramente o balón fóra do alcance do porteiro local para a entrada en solitario de Taboada que remacha a porta baleira.

 

 

RESUMO

Partido que comezaba co Caranza tomando a iniciativa e encerrando os de Ares no seu campo. Así foi durante os primeiros dez minutos de xogo nos que o Caranza dispuxo de dúas boas oportunidades para adiantarse, pero ambos os dous disparos cruzados afortunadamente para os de Ares marcharon fóra. A partir do cuarto de hora de partido os de Ares espertaron e comezaron a aproximarse á área visitante. No minuto vintecatro unha falta lateral colgada á área e rematada primeiro por Martín e despois por Iván, supoñía a primeira aproximación de perigo dos de Ares, pero ambos os dous disparos estreláronse na defensa. Os de Ares neses momentos do partido xa estaban asentados, e os de Caranza xa non tiña tanto a posesión, nin tampouco chegaba con tanta facilidade, entrando o partido nunha fase de dominio alterno.

Con estas premisas chegabamos ao minuto trintasete cando dun remate de cabeza precedido dunha falta lateral “O Kaiser de Limodre" pon por diante os de Caranza. Un minuto despois do gol, xogada dos de Ares por banda dereita con centro á área que rexeita a defensa ferrolana, o balón chega a Martín que abre a banda para a entrada de Marcelo, éste internase e dispara de vaselina estrelándose o balón no segundo pau. Un minuto despois desta xogada, falta na frontal que lanza Alberto e o balón estrélase no longueiro. O infortunio cebábase cos de Ares nestas dúas xogadas ao non ter a sorte de cara, e que posiblemente os tivese metido no partido. Co resultado de 0 - 1 chagabamos o descanso.

Na segunda metade, mal partido dos de Ares. O equipo local desapareceu do terreo de xogo e viuse totalmente desbordado polo toque e a rapidez do Caranza que xogou prácticamente a pracer. Os de Ares, inoperantes en ataque e defendéndose con certa desorde, soportaron durante corenta e cinco minutos as acometidas dos ferrolanos, os cales chegaban con certa facilidade á área dispoñendo de numerosas ocasións, algunhas delas desbaratadas polas intervencións de Agustín, o meta local. No minuto setenta e dous, penalti que transforma Dieguito no 0 - 2. E cinco minutos despois os ferrolanos saldan o partido nunha contra que materializa Taboada no 0 - 3 definitivo.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.