Xuvenís:Os xogadores do equipo xuvenil do Numancia reciben do Concello un agasallo pola consecución da Copa da Ría
A corporación de Ares, co alcalde, Julio Iglesias, á cabeza, ofreceu esta mañá unha recepción oficial aos xogadores, adestrador e equipo técnico do Numancia xuvenil, recentes vencedores da Copa da Ría.
Tal e como informa na súa páxina web o concello de ares:
"23 Maio 2009
A corporación de Ares, co alcalde, Julio Iglesias, á cabeza, ofreceu esta mañá unha recepción oficial aos xogadores, adestrador e equipo técnico do Numancia xuvenil, recentes vencedores da Copa da Ría.
No acto, que se celebrou no salón de plenos do Consistorio, o rexedor socialista fixo entrega aos rapaces dun agasallo, consistente nun pisapapeis co anagrama do Concello de Ares, como lembranza desta victoria e da copa que pasará a engrosar a sala de trofeos do clube. A continuación, todos participaron nun ágape ofrecido pola administración local no Casino.
Iglesias destacou o “triunfo importante” do Numancia a pasada fin de semana fronte e Galicia de Caranza, que os fixo merecedores da Copa da Ría, nun encontro celebrado no campo de fútbol de Maniños. O alcalde subliñou o esforzo realizado durante todo o ano por estes deportistas, así como a adicación constante dos técnicos e equipo directivo. Neste sentido, o rexedor tivo unhas palabras de recoñecemento ao recentemente finado Pedro García Vilar, quen fora presidente desta entidade deportiva.
Así mesmo, ofreceu a colaboración e axuda da corporación non só para celebrar os éxitos do equipo, senón tamén para aturar as derrotas cando se produzan.
Para facer entrega do agasallo, o alcalde procedeu á lectura dun escrito publicado na páxina web do Numancia redactado polo adestrador do equipo, Xelo, no que agradecía o traballo e o esforzo de cada un dos seus xogadores."