XUVENÍS. R. SAN PEDRO, 0 - NUMANCIA, 10.

AMPLA VITORIA CUN DOBRE HAT-TRICK DE IVÁN.

Partido correspondente á terceira xornada de liga local xuvenil disputado nas instalacións de A Gándara, entre o R. San Pedro e o Numancia que rematou con vitoria dos aresanos. Ao descaso o marcador xa reflectía un 0 - 5 a favor dos de Ares.


Ferrol, 28 de septiembre de 2013.

ALIÑACIONS

R. SAN PEDRO: Alex (Jonathan), Adrián, Iván, Javier (C), Muiños, Andrés, Carlos, Lois (Ferro), Héctor, Aboal (Cenalmor) e Bergantiños.

Adestrador: Oscar J. Melián Gómez.

Delegado: Ramón Hernández García

NUMANCIA: Roberto (Kike), Isaías (Pepe), Jesús, Alberto (Marcelo), Pepe, Martín, Pérez (Miguel), Adrián (C), Iván, Miguelito (Roque) e Nóvoa.

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

2º adestrador: Antonio Bardanca López.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

ARBITRO: Daniel Calderón Pérez. Amoestou a Héctor do San Pedro, e Alberto, Isaías e Adrián do Numancia.

GOLES: Iván (6), Miguelito, D. Pérez, Martín e Roque.

0 - 1: min. 5, saque de banda de Nóvoa sobre Martín, éste dentro da área cede atrás para a entrada de Iván quen dispara raso, o balón dá na cepa do poste e se coa na portaría.

0 - 2: min. 15, saque en curto do porteiro local sobre un defensa, Iván adiántase ao defensor e róuballe o balón, encara o gardameta superando a saída deste e a dun defensor para marcar a porta baleira.

0 - 3: min. 26, pase en longo de Pérez ás costas da defensa local sobre Iván, o dianteiro aresano vaise por velocidade do seu marcador e ante a saída do meta local cóalla entre as pernas

0 - 4: min. 30, centro á área dende a banda esquerda que peina Martín, recolle Iván quen a pelexa no bordo da área, cede sobre a entrada de Pérez que a cruza ao pau contrario para enviar o fondo da rede.

0 - 5: min. 35, Iván recibe en banda esquerda un pase dende o círculo central, intérnase polo lateral da área e marca de disparo cruzado.

0 - 6: min. 46, penalti sobre Miguelito que él mesmo se encarga de transformar.

0 - 7: min. 51, saque do porteiro local que recolle Martín en tres cuartos de campo, o centrocampista aresano en xogada individual alcanza a semilúa da área e de preciosa vaselina supera o porteiro.

0 - 8: min. 55, pase de José Manuel sobre Iván situado no bordo da área, este pelexa o balón cun defensor, lévallo e de disparo a media altura marca.

0 - 9: min. 60, xogada do Numancia por banda esquerda con pase en longo de Nóvoa sobre Iván, éste vaise dos defensas intérnase polo lateral da área e envía ao balón ao fondo da rede de disparo raso e cruzado.

0 - 10: min. 67, Roque de lanzamento libre directo próximo ao pico esquerdo da área.

 

 

Partido con pouca historia e no que o resultado o di todo. Os de Ares na Gándara superaron con facilidade a un R. San Pedro voluntarioso, pero que nada puido facer ante o mellor xogo de contragolpe e a velocidade dos numantinos. Partido onde o dianteiro aresano Iván, durante os noventa minutos, foi un pesadelo para a defensa local. El só se marcou un dobre hat-trick. Moito traballo e esforzo do centro do campo e da dianteira aresana durante todo o partido, ante a relaxación da defensa e os porteiros, que apenas tiveron intervencións.

Non queda máis que felicitar aos rapaces pola vitoria e o bo partido realizado no día de hoxe. Animalos a continuar nesta liña de traballo e esforzo posto que así é como chegarán as vitorias.

O próximo fin de semana o Numancia xuvenil recibirá en Prados Vellos ao Portuarios

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.