Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. II TORNEO "VINOTECA PORTA DO SOL"
 
 

XUVENÍS. II TORNEO "VINOTECA PORTA DO SOL"

UN CAMPIÓN INESPERADO: O PORTAZGO.

Celebrouse este sábado a segunda edición do torneo Vinoteca – Xamonería “Porta do Sol”, trofeo con carácter provincial dado que participaron equipos pertencentes á delegación coruñesa e á delegación ferrolá. Partían coma favoritos os equipos de categoría superior, pero puidemos constatar, e aí están os resultados, que as diferenzas non son tantas.
 
Ares, 9 de setembro de 2013
 
A continuación ofrecemos un breve comentario dos partidos disputados durante o sábado, 7 de setembro, no campo de fútbol de Prados Vellos.
 
PERLÍO, 1 – G. MUGARDOS, 0
Comezaba o torneo co partido do grupo A entre o Perlío e o Mugardos, onde os da Pedreira dispuxeron de grandes oportunidades para conseguir a vitoria, mesmo contabilizamos tres disparos que se estrelaron nos paus, pero no último minuto foi o Perlío de Miguel o que acertou no remate, levándose os tres puntos, grazas ao gol de Varela. 
G. Mugardos: Monty, Chechu, Nacho, Iván, Fabio, Breijo, David, Álvaro, Cristian, Josiño e Antonio. Entraron tamén Alejandro, Dani e Álexis.
Adestradores: Pachi e Chus
Delegado: Miguel González.
Perlío: Álex, Deive, Aarón, Gabeiras, Rodri, Elías, Jaime, Carrera, Diego, Cristian e David. Roberto, Lago, Varela, Adrián e Cabana xogaron posteriormente.
Adestrador: Miguel
 
NUMANCIA, 0 – PORTAZGO, 1
No grupo B, os anfitrións tiveron un rival que perdoou ocasións moi claras, dominando todo o partido e amosándose superior aos locais. O gol de Marcos fixo xustiza e concedeu a vitoria ao Portazgo.
Numancia: Quique, Isi, Darío, Jesús, Pepe, Martín, Pérez, Nóvoa, Ángel, Adrián e Miguel. Foron entrando José Manuel, Roberto, Óscar, Roque, Couce, Marcelo e Carlos.
Adestrador: Álex González
Delegador: José Antonio
Portazgo: Sergio, Jorge, Pérez, Manel, Álex, Machín, Marcos, Moro, Otero, Villa e Canalli. Rafa e Luís tamén participaron.
Adestrador: Raúl Navaza
Delegado: Emilio del Valle

BETANZOS, 1 – G. MUGARDOS, 1
Presentábase o Betanzos, campión da primeira edición, cun equipo moi renovado ante un Mugardos que perdera o primeiro partido do torneo dunha maneira accidental. Foi un partido moi competido no que puidemos marabillarnos con dous grandes goles: inaugurou o marcador Nacho para o Mugardos culminando unha brillantísima xogada persoal, pero o 9 do Betanzos, Daniel, empatou o marcador, conseguindo un golazo, rematando desde dentro da área. Necesitaba o Mugardos a vitoria e buscouna ata o final pero xa non habería máis goles. 
Betanzos: Iago, Pablo, Martín, David, Alberto, Javier, Adrián, José Manuel, Daniel, Sánchez e Jorge. Diz, Miguel, Kevin e Zapata completaron a expedición.
Adestrador: Suso.
 
ORILLAMAR, 0 – PORTAZGO, 0
O Orillamar, equipo da Liga Galega, partía coma favorito ante un Portazgo que xa conseguira tres puntos no primeiro partido. Vimos un partido moi igualado que rematou con empate a cero goles que deixaba a clasificación en mans do Orillamar, pois na tanda de penaltis o equipo coruñés materializou os tres penaltis, mentres o Portazgo só conseguiu dous.
ORILLAMAR: Javier, Ángel, Rafael, Sergio, Guillermo, Julián, Víctor, Daniel, Abeledo, Pablo e Ares. Completaron a convocatoria, Gabriel, Moreno, David, Méndez, Guillermo, Miguel e Martín.
Adestrador: Emilio Vázquez.
Delegado: Juan Abeledo.
 
BETANZOS, 1 – PERLÍO, 0
Era o último e decisivo partido do grupo A. O Betanzos, equipo da Liga Galega, debía vencer se quería obter o primeiro posto, mentres que ao Perlío lle bastaba co empate. E seguindo a tónica dos partidos anteriores, asistimos a un partido de poder a poder, entre dous bos equipos que se resolveu cunha mínima vitoria dos brigantinos.
 
NUMANCIA, 1 – ORILLAMAR, 1
O Orillamar tiña que gañar e o Numancia debía mellorar a imaxe ofrecida no primeiro partido. Nos dez primeiros minutos sorprendéronnos os aresáns dando a cara e tratando de igual a un Orillamar ao que lle custaba facerse co partido. Cando os coruñeses se adiantaron no marcador parecía que non se lles ía escapar a clasificación para a final do torneo pois dominaban e creaban ocasións para un segundo gol. Mais en fútbol xa sabemos que se non pechas os partidos pode ocorrer de todo. E así foi, pois un gol conseguido en posición moi dubidosa, no último suspiro do partido, apartou ao Orillamar da final, con gran alegría dos xogadores do Portazgo, convertidos todos en siareiros do Numancia.
 
Finalizada esta primeira fase cos dous triangulares, a clasificación quedou así:
Grupo A:  
1º: Betanzos, 4 ptos.
2º: Perlío, 3 ptos.
3º: G. Mugardos: 1 pto.
 
GRUPO B:
1º: Portazgo, 4 ptos.
2º: Orillamar, 2 ptos.
3º: Numancia, 1 pto.
 
Na xornada da tarde chegaron os goles que escasearan pola mañá.
 
G. MUGARDOS, 4 – NUMANCIA, 1
Comezaba coa disputa do 5º e 6º posto entre o G. Mugardos e o Numancia. Axiña resolveu o partido o Mugardos con tres goles na primeira parte que pecharon o partido.
 
ORILLAMAR, 1 – PERLÍO, 3
A continuación, o Orillamar e o Perlío xogáronse o 3º e 4º posto. E non tivo sorte o equipo coruñés que viu como os de Fene, un equipo moi físico e batallador, aproveitou mellor as súas ocasións. Antonio “Rayito” entregoulles aos capitáns os trofeos correspondentes ao 3º e 4º clasificados.
 
FINAL: PORTAZGO, 3 – BETANZOS, 3
Brillantísimo e espectacular partido o que nos ofreceron os dous finalistas. Adiantouse no marcador o Betanzos cun gol de Dani e chegou ao descanso con esa vitoria mínima. Nada máis comezar a segunda parte empatou o Portazgo, abrindo un partido que xa se presumía igualado. E remontaron os de Culleredo con dos golazos conseguidos por Villa tras dous enormes lanzamentos de falta directa. O 3 – 1 parecía sentenciar o partido pero enseguida vimos que o Betanzos non baixaba os brazos. E menos tras acurtar a desvantaxe Jorge. Aumentou a presión, subiuse a intensidade nas entradas e mesmo se produciu unha expulsión que, xunto co cansazo acumulado, levou a un asedio da portería excelentemente defendida por Sergio. Era o final soñado polo público: resultado axustado, ocasións de gol, intervencións antolóxicas do porteiro, … e no desconto … penalti a favor do Betanzos. Chousa foi o encargado do lanzamento e non errou, poñendo o empate final a tres goles.
Na primeira edición, o Betanzos conseguira o trofeo na tanda de penaltis e, nesta segunda edición, repetíase a situación. Coma sabemos que son unha lotaría, ás veces toca e outras non toca. Pois o Portazgo foi o agraciado coa sorte, conseguindo un 4 – 3 nos penaltis que lle deron o trofeo Vinoteca “Porta do Sol”. Calquera dos dous equipos era merecente do premio. Manolo, representante do local hostaleiro, entregou os trofeos do campión e subcampión desta edición.

Alén dos resultados, desde a organización queremos agradecer a todos os equipos participantes a súa asistencia ao torneo, así como o excelente comportamento e colaboración que demostraron durante toda a xornada.
 
Así mesmo, expresamos a nosa gratitude á Vinoteca – Xamonería “Porta do Sol” polo seu apoio e a súa presenza.
 
 

 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.