Inicio Noticias Xuvenís XUVENIS: Pretemporada NUMANCIA, 0 - MANIÑOS, 0.
 
 

XUVENIS: Pretemporada NUMANCIA, 0 - MANIÑOS, 0.

Numancia de Ares ADR. Xuvenis 2013-2014. Numancia 0 - Maniños 0. Prados Vellos 16/08/13.Segundo partido de pretemporada do conxunto numantino disputado na tarde do venres en Prados Vellos. En fronte os xuvenís do Maniños que na presente campaña retornan de novo á competición xuvenil.

 



Ares, 16 de agosto do 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Roberto, Isaías, José Manuel, Marcelo, Jesús, Adrián, Diego Pérez, Nóvoa, Iván, Miguelito e Miguel. Tamén xogaron, Carlos, Agustín, Óscar, David, Darío e Ángel.

Adestrador: Alejandro González Domínguez.

Delegado: José Antonio Couce Iglesias.

MANIÑOS: Andrés, Fil, Esteban, Ángel, Dopi, Busta, Beci, Adrián, Litos, Roy e Sergio. Tamén xogaron, Christián, Martín, Maki, Lamas, José e Javi.

Adestrador: Iban Mourente Fernández.

Partido de xuvenís un tanto descafeinado motivado polas baixas en ambos os dous equipos. Diversas causas impediron a presenza de toda a plantilla xuvenil aresana, polo que Alex tivo que tirar dalgúns xogadores cadetes. O Maniños, en circunstancias similares, tamén presentou algúns xogadores cadetes. Malia esta circunstancia púidose ver un partido entretido e de toque, no que os xogadores tiveron ademais que facer fronte a unha tarde de bastante calor.

A primeira parte foi moi igualada e ningún dos dous equipos foi quen de impoñerse e dominar claramente no terreo de xogo. Poucas ocasións de gol neste período, posto que as aproximacións ás áreas rivais foron máis ben escasas.

Na segunda metade, o Numancia mostrou algo máis de oficio e motivación que os visitantes, dominando con bastante claridade neste segundo período. Os de Ares foron os que levaron o peso do partido, pero faltoulles gol. Foron varias as ocasións das que dispuxeron os aresanos, pero como diciamos, nas definicións non se estivo acertado. O Maniños optou por un xogo á contra e balóns en longo que tamén lles propicio algunhas ocasións. Ao final do acto ambas as dúas metas quedaron imbatidas.

Próximo partido do Numancia xuvenil, xoves 22 de agosto, ás 18:00 h, en O Temple (Cambre) contra o Once Caballeros.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.