XUVENIS: Pretemporada EUME DEPORTIVO, 2 – NUMANCIA, 3.
PRIMEIRA POSTA A PUNTO
Na maña do sábado o equipo xuvenil do Numancia desprazábase ata as instalacións da Gándara Eumesa para disputar o primeiro partido de pretemporada fronte ao equipo anfitrión, o Eume Deportivo.
Pontedeume, 10 de agosto de 2013.
ALIÑACIONS
EUME DEPORTIVO: Diego, Pablo, Javi Seijas, Mosquera, Jaime, Fran (C), Sergio, Jorge, Núñez, Fachal e Pablo. Tamén xogaron, Borja, Alex, Diego, Fabián, Alexandre e Álvaro.
Adestrador: José M. Cebreiro Melero.
Delegado: Daniel A. Regueiro Salido.
NUMANCIA: Agustín, José Manuel, Darío, Jesús, Pepe (C), Roque, Marcelo, Nóvoa, Ángel, Adrián e Couce. Tamén xogaron, Isi, Xaime, Miguelito, Pérez, Miguel, Martín e Brais.
Adestrador: Alejandro González Domínguez.
Delegado: José Antonio Couce Iglesias.
COLEXIADO: Miguel Piñón López. Amoestóu a Adrián do Numancia.
Partido de pretemporada que serviu a ambos os dous adestradores para comezar a modelar e pulir o esquema dos seus respectivos equipos. En canto ao equipo aresano refírase, Alex desprazou a Pontedeume a un total de dezaoito xogadores. Ao longo do partido deu entrada e minutos a todos os efectivos do equipo desprazado, probando a algúns deles en diferentes posicións, buscando coñecer as cualidades e mellores características deportivas de cada un deles.
Despois dunha semana de adestramento, e para ser o primeiro partido de preparación, puidemos ver un equipo con ganas e compromiso, e que a bo seguro nos deleitarán cunha boa temporada.
En canto ao resultado, comezou o Eume adiantándose no marcador por medio de Pablo (18´) despois dun disparo dentro da área que supera a Agustín por alto. A catro minutos do descanso (41´), prolongación de Martín sobre Novoa que habilita para Ángel, éste en carreira entra por banda dereita e dispara cruzado, o porteiro local, Diego, rexeita pero o balón entra na portaría. Con empate a un gol marcharíamos ao descanso.
Na segunda metade, adiantaríanse os de Ares (47´), internada por banda de Ángel, centro ao punto de penalti que prolonga Roque, o balón chega a Pérez quen o baixa e dispara cruzado. No 76´ empata o Eume de penalti materializado por Fran. E no 85´, Martín de lanzamento afastado pon o definitivo 2 - 3 no marcador.
Próximo partido de pretemporada, venres 16 de agosto, ás 17:30 h, en Prados Vellos fronte o Maniños.