XUVENÍS. NARÓN, 1 - NUMANCIA, 2. Copa AFACO.

VITORIA CON SABOR AMARGO

A vitoria do Numancia fronte ao Narón por 2 - 1 non lle foi suficiente aos aresáns para pasar a eliminatoria de semifinais. O 3 - 4 do partido de ida, obtido polos naroneses en Prados Vellos o pasado fin de semana, deixaba igualada a eliminatoria (5 - 5), pero o valor dos goles fora da casa apearon os de Ares da final da Copa A.F.A.C.O.


O Cadaval 29 de mayo del 2013

ALIÑACIONS

NARON: Brais, Vidal (Gabriel), Moncho (Wili), Jorge, Moisés, David Rodríguez, Patiño (Josua), Bruno (David Rey), Caamaño, Luís (C) e Aitor.

Adestrador: Fernando Núñez Rodríguez
Delegado: Manuel Antonio Pérez Rodríguez

NUMANCIA: Cristian (Xaime), Marcelo (Isaías), Pepe, Alberto, Dario (Miguel), Martín (Miguelito), Borja, Roque (Ángel), Ivi, Alex Pita e Adrián (C).

Adestrador: Marcos Amor Roel
Delegado: Manuel Novoa Conde

COLEXIADO: Fernando Caruncho Paz. Amoestou a Caamaño polo Narón e a Martín, Alberto e Alex Pita polo Numancia.

GOLES:

0 – 1: Borja (min. 70)

1 – 1: David Rodríguez (min. 75)

1 – 2: Alex Pita (min. 90)

Bonito e entretido partido o que nos ofreceron Narón e Numancia, e que nos deixou un gran sabor de boca a todos os que nos demos cita no Cadaval. Puidemos ver dous grandes equipos que o deron todo durante os noventa minutos de partido, dispensándonos cun xogo técnico e vistoso. Un partido no que se impuxo a técnica e o bo trato do balón, e no que ningún dos equipos arriscou en exceso a posesión da pelota, tratando en todo momento de chegar con ela controlada á área rival. Sen dúbida un partido que non decepcionou a ninguén. Un partido, que de terse producido, tivese sido unha gran final.

Estas foron as xogadas máis interesantes que nos deixou o encontro:

Primeiros quince minutos de xogo de tenteo, con escasas aproximacións á área, destacar tres disparos afastados e sen perigo que os porteiros detiveron sen problemas, dous por parte de Alex Pita para o Numancia e un de Bruno para o Narón.

Min. 15, perda de balón de Alberto na frontal da área co que se fai Caamaño, vaise hacía a banda dereita e á altura do pico da área dispara cruzado.

Min. 20, saque de banda sobre Ivi quen colga o balón á frontal, Roque prolonga sobre Alex Pita e éste nun cambio de ritmo queda franco do seu marcador para disparar cruzado e axustado á base do pau.

Min. 22, contragolpe do Numancia polo centro, apertura a banda dereita para Marcelo quen pon un centro ao segundo pau, o balón envelenase e a piques está de sorprender o porteiro local que o saca con algunha dificultade.

Min. 25, centro chut do Narón que se estrela no longueiro, o rexeitamento sácao Darío da área, o balón cae nos pés de Moncho quen dispara forte e seco por enriba da portaría.

Min. 38, saque de esquina do Narón que remata de cabeza Jorge, e Cristián de sensacional estirada saca o balón que se dirixía á escuadra.

Co resultado de 0 - 0 chegaríase ao descanso.

Min. 50, roubo de balón de Ivi no círculo central, intérnase en campo rival por banda dereita, centro á frontal e disparo de Alex Pita que detén Brais.

Min. 51, centro á área do Numancia e remate de Bruno que Xaime detén en dous tempos.

Min. 63, bonita xogada de combinación do Numancia que finaliza cun pase interior de Alex Pita entre os defensas sobre Ángel, éste dispara de volea, pero o balón vaise rozando a escuadra.

Min. 70, contraataque do Numancia por banda dereita conducido por Ivi, pase cara ao centro sobre Alex Pita, éste prolonga á esquerda para a entrada de Borja, quen a controla, acomódase, e crúza ao segundo pau para marcar (0 - 1)

Min. 75, saque de esquina do Narón, rexeita a defensa local, o balón cae na semilúa da área e David Rodríguez de forte disparo a media altura empata o partido (1 - 1).

Min. 80, balón que saca controlado Borja do curruncho dereito, internase paralelo á liña de fondo e dálle un pase a Ángel preto do pau corto, Ángel de forma incrible dáse media volta e sen apenas ángulo de tiro estrela o balón no lateral da rede.

Min. 90, balón bombeado de Borja ás costas da defensa local que cae entre un defensor e o porteiro, Alex Pita adiántase aos dous e de cabeza supera por arriba a saída de Brais para enviar ao fondo da rede (1 - 2).

Min. 92, balón despexado polo porteiro local que Borja na súa caída volve poñer na área, entra Alex Pita dende atrás pero un defensa saca fóra no último suspiro.

Sen tempo para máis finalizaría o partido co resultado coñecido de Narón, 1 - Numancia, 2.

Non queda máis que felicitar ao equipo xuvenil do Numancia, que despois deste gran partido finaliza unha sensacional temporada. Sen lugar a ningunha dúbida, unha das mellores temporadas, senón a mellor, do equipo xuvenil destes últimos anos. E que ademais ten como valor engadido, e maior merito, se cabe, o como se consiguiu; cun equipo de rapazes xuvenís moi novos, complementado con varios xogadores cadetes. Noraboa rapaces.

Felicitar tamén o Narón pola súa clasificación para a final da Copa A.F.A.C.O. E desexarlle sorte o vindeiro sábado, no partido de ida no que se enfrontará o Polvorín de Lugo no Cadaval, partido clasificatorio para a fase de ascenso á liga galega.

 

 

Numancia de Ares Xuvenil. Temporada 2012-2013.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.