XUVENÍS. CARIÑO, 4 - NUMANCIA, 3.

MIGUEL: “Está claro que un equipo non está na parte superior da taboa por sorte, ademáis gañar no seu campo sempre é moi difícil”.

Partido correspondente a vixésimo quinta xornada de liga local xuveníl, disputado no campo Municipal de Cariño entre os equipos do Cariño e Numancia que rematou con vitoria local por 4 – 3. A o descanso o resultado era de 3 – 1.


Cariño 4 de maio do 2013.

Con esta derrota fronte ao Cariño o equipo xuvenil do Numancia queda sen opcións de entrar na pelexa pola segunda praza que dá opción a xogar a fase de ascenso.

ALIÑACIÓNS

CARIÑO: David (Marcos), Bruno (Rubinos), Fran, Sergio, Rubén, Abelurio (Brais), Manuel Pajón, Christian (C), Adrián (Boyi), Martín e Álvaro.

Adestrador: Javier Balado Ramonde.
Delegado: Argimiro Loureiro Ferro.

NUMANCIA: Cristian (Xaime), Isaías (Ángel), Pepe, Alberto, Darío (Miguel), Adrián, Borja, Roque (Miguelito), Ivi, Alex Pita (C) e Marcelo (Nóvoa).

Adestrador: Marcos Amor Roel.
Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

COLEXIADO: José A. Rodríguez Dopico. Amoestou a Fran, Sergio e Rubinos do Cariño e a Isaías, Ivi e ao adestrador do Numancia. Expulsou o delegado do Cariño, e a Alex Pita, Xaime e Ángel do Numancia.

GOLES

1 - 0: min. 1, contragolpe por banda esquerda de Manuel Pajón con centro pasado ao segundo pau onde Adrián libre de marca remata ao bote pronto ao fondo da rede.

2 - 0: min. 9, saque de banda no lateral dereito do ataque local á altura da área, Martín vaise de Pepe e pon un centro á área que Manuel Pajón cruza entre a defensa numantina ao pau longo.

2 - 1: min. 16, balón, que pon Alberto ás costas da defensa local sobre Alex Pita quen se vai por velocidade de Rubén e dispara cruzado dende a semilúa da área fóra do alcance de David.

3 - 1: min. 25, contragolpe local por banda esquerda con centro á área que Adrián remacha ao fondo da rede.

4 - 1: (min. 47) falta próxima á liña de banda que Christian coloca directamente á área e se coa polo segundo pau.

4 - 2: (min. 60) Borja de penalti.

4 - 3: (min. 81) balón bombeado de Alex Pita á área que nin a defensa nin o porteiro local acerta a despexar, Borja no bote do balón mete a cabeza e éste coase mansamente na portaría.

COMENTARIOS DE MIGUEL RODRÍGUEZ, centrocampista do Numancia:MIGUEL Rodríguez, xuveníl do Numancia de Ares.

A XOGADA DO PARTIDO:
O primeiro gol de Borja, xa que estivo atento avisando a Angel de que non tocara o balón porque estaba en fora de xogo. Este gol supuxo que nos viñéramos arriba e tentáramos darlle a volta o marcador.

A CLAVE:
O poñer catro xogadores arriba fixo que o Cariño se vira obrigado a encerrarse no seu campo, o cal provocou que puideramos marcar dous goles no final do partido e eles apenas chegar á nosa área.

ACTUACION PERSOAL:
Non estiven moi acertado, xa que penso que puiden roubar algúns balóns máis e darlle máis balóns aos dianteiros. Pese a todo creo que todos fixemos un bó partido e dimos todo o que puidemos.

O EQUIPO:
Na primeira parte tivemos moitos problemas na liña defensiva, aparte de que tivemos escasas ocasións de gol. Pero na segunda tivemos máis a posesión e gañamos bastantes balóns no mediocampo. Aínda que non conseguiramos os tres puntos e xa non teñamos opción á xogar a fase, o importante é que non nos rendimos ata o pitido final, e tanto a afición como o corpo téctico penso que están contentos coa nosa actuación esta temporada. E iso é algo que nós tamén valoramos e agredecemos.

O RIVAL:
Un rival moi difícil e que soubo como resolver o partido. Está claro que un equipo non está na parte superior da taboa por sorte, ademáis gañar no seu campo sempre é moi difícil. Por último teño que dicir que non me estrañaría que conseguira quedar no segundo posto e xogar a fase de ascenso.

Agora a pensar no último partido contra o Galicia de Mugardos, un equipo que pode aínda xogar a fase…claro está que non llo vamos a poñer nada fácil, e menos sendo o noso eterno rival!.

Para ver máis fotos, e a crónica do partido, publicada na web do Cariño PICA AQUI.

Para ler a crónica do partido publicada en voltaaria PICA AQUI

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.