XUVENÍS. NUMANCIA, 5 - MEIRÁS, 4.

ANGEL: “O exceso de confianza, sobre todo no último terzo do partido, a piques estivo de costarnos un disgusto”.

Partido correspondente a vixésimo cuarta xornada de liga local xuveníl, disputado no campo de Prados Vellos entre os equipos do Numancia e Meirás que rematou con vitoria local por 5 – 4. A o descanso o resultado era de 4 – 1.


Ares, 1 de maio do 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Xaime (Cristian), Isaías, Pepe (Darío), Alberto, Marcelo (Miguel), Adrián Borja, Roque (Ivi), Ángel, Alex Pita e Nóvoa (C).

Adestrador: Marcos Amor Roel.
Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

MEIRAS: Dani, Raúl (Martín), Carlos, Juan (Pablo), Sergio, Bellón, Yeray, Fran, Andrés, Manu e Cheis.

Delegado: Sergio Carlos Bodelón Saco.

COLEXIADO: Alejandro Méndez Bouza.  Amosoulle cartón amárelo a Sergio, Yerey, Cheis e Martín do Meirás.

GOLES

1 - 0: Alex Pita (min 10), internada por banda dereita de Marcelo, pase ao vértice da área sobre Alex Pita que se vai cara ao interior regateando a un defensa e marca de disparo seco e raso pegado ao pau esquerdo.

2 - 0: Alex Pita (min 12), balón de Isaías colgado á frontal da área, o porteiro visitante esvara na súa saída, o balón supérao por arriba e queda franco para que Alex Pita marque a porta baleira.

3 - 0: Borja (min. 21), balón despexado en defensa por Adrián que chega a Ángel en banda esquerda, o dianteiro aresán corre a banda nun rápido contraataque e á altura da área visitante cambia o xogo á banda contraria por onde entra Borja só, encara o porteiro e bateo de disparo cruzado.

3 - 1: Andrés (min. 40), perda de balón de Roque en tres cuartos de campo propio co que se fai Andrés, encara a porta local e de disparo afastado supera por alto a Xaime que se encontraba lixeiramente adiantado.

4 - 1: Alex Pita (min. 44), centro de Adrián que un defensa visitante peina cara atrás, Ángel en carreira ganalle a partida a Cheis, faise co balón e crúzao á banda contraria para Alex Pita que remata cruzado dende o vértice da área pequena.

5 - 1: Alex Pita (min. 46), balón de Adrián que gaña as costas da defensa visitante sobre Alex Pita quen supera de vaselina a saída Dani.

5 - 2: Andrés (min. 84), balón ás costas da defensa local sobre Andrés quen nun man a man con Cristian define de disparo cruzado.

5 - 3: Martín (min. 87), fallo defensivo en cadea dos de Ares que finaliza cun centro pasado dende a liña de fondo que Martín libre de marca remata sen oposición.

5 - 4: Martín (min. 89), rápido contraataque por banda esquerda do Meirás con centro á área que Martí remata de novo sen oposición.

COMENTARIOS DE ÁNGEL, dianteiro do Numancia:Ángel dianteiro do Numancia de Ares xuveníl.

A XOGADA DO PARTIDO:
Para min non houbo unha xogada clave, xa que pese os goles que marcamos o equipo rival non se veu abaixo en ningún momento e continuou presionando e buscando as súas oportunidades.

A CLAVE:
Para min a clave do partido foi Álex Pita, xa que marcou 4 dos 5 goles que encaixou o Meirás. Adrián no medio do campo daba seguridade xa que no momento que collía o balón tranquilizaba o xogo e non rifaba en ningún momento a nosa posesión.

ACTUACION PERSOAL:
Frouxa, xa que cometín erros en varios ataques que deberían acabar en gol.

O EQUIPO:
Entramos no campo cunha boa actitude mantendo a posesión e finalizando as xogadas, pero a medida que o partido avanzaba a nosa confianza tamén, sobre todo no último terzo do partido no cal, case conseguen a remontada pero, por sorte rematou o partido no momento xusto.

O RIVAL:
Fixo unha boa actuación sen perder a esperanza da remontada en ningún momento o que case nos costa o partido, pero iso non chegou para lograr a vitoria.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.