XUVENÍS. RACING SAN PEDRO, 2 - NUMANCIA, 3.

AOS DE ARES APARECÉUSELLES UN “ÁNGEL”.

Partido correspondente a vixésimo terceira xornada de liga local xuvenil, disputado no campo de A Gándara entre os equipos do Racing San Pedro e Numancia que rematou con vitoria vistante por 2 – 3. A o descanso o resultado era de 0 – 1.


MIGUELITO: “A entrada de Ángel para min foi o que decidiu o partido coas entradas por banda”.

A Gándara 27 de abril do 2013

ALIÑACIONS

R. SAN PEDRO: Mohamed (Fran), Víctor Sixto, John, Raúl (C), Ayoub (Luiz), Muba (Joimer), Víctor Neira (Taspatty), Héctor (Adrián Chao), Sergio, Germán e Chus.

Adestrador: José L. Casuso Ventureira.
2º adestrador: Héctor Duran Díaz.
Delegado: Gumersindo González Arias.

NUMANCIA: Xaime (Carlos), Isaías (Nóvoa), Pepe, Alberto, Darío (Marcelo), Adrián (C), Borja, Roque, Ivi (Ángel), Alex Pita e Miguel (Miguelito).

Adestrador: Macos Amor Roel.
Delegado: Manuel Antonio Bardanca López.

COLEXIADO: Manuel Bejarano Estepa. Amoestou a Raúl, Ayoub, Muba e José Casuso (adestrador) polo San Pedro, e a Miguelito, Adrián e Marcos Amor (adestrador) polo Numancia.

GOLES:

0 - 1: min. 17, pase en longo de Adrián dende o círculo central a banda dereita sobre Alex Pita quen pon un centro á área que Borja remata de cabeza por enriba do porteiro.

1 - 1: min. 52, pase ás costas da defensa do Numancia, Sergio gaña o balón adiantándoselle á saída de Xaime ao que supera por abaixo.

1 - 2: min. 64, pase en longo de Marcelo sobre Ángel quen inicia por banda dereita unha gran xogada individual que finaliza cun pase ao segundo pau sobre Borja, éste dribla a un defensa, intérnase cara ao interior e finaliza cun disparo raso entre dous defensas ao fondo da rede.

2 - 2: min. 67, falta no círculo central colgada á área, Pepe toca de cabeza, o balón despexado cae nos pés de Adrián Chao que marca a porta baleira.

2 - 3: min. 70, Borja de penalti.

COMENTARIOS DE MIGUELITO, centrocampista do Numancia.MIGUELITO, centrocampista xuvenil do Numancia de Ares.

A XOGADA DO PARTIDO:
Houbo poucas xogadas, pero a que probablemente decidiu o partido, foi o segundo gol de Borja que finalizou tras unha gran xogada de Ángel que se foi pola banda despois de regatear a un rival, e deulle o pase a Borja.

A CLAVE:
Foi a contundencia coa que saímos a xogar na segunda parte. Pelexamos cada balón e destacar sobre todo a boa actuación de Pepe na defensa.

ACTUACION PERSOAL:
Saín na segunda parte con bo ritmo, pero pouco a pouco fun baixando debido as molestias físicas que veño arrastrando durante esta semana.

O EQUIPO:
Estivemos a un nivel mais baixo do que acostumamos pero sempre tendo en conta que nunca se nos deu ben xogar neste campo e contra este equipo xa que a ultima vez no partido de copa recibimos 7 goles. O equipo traballou durante todo o partido para suplir a falta de acerto nos pases.
Destaca a boa actuación de Borja con tres goles, e a entrada de Ángel que para min foi o que decidiu o partido coas entradas por banda.

O RIVAL:
Foi un rival correoso e tacticamente ben colocado pero con pouca pegada. O máis destacado foi a súa defensa que tiñan poderío físico e moi rápidos cando se lles botaban balóns a espalda.
Tamén hai que destacar a gran parada do seu porteiro nun un contra un con Alex Pita.

 

Para ler a crónica do partido publicada na web do Voltaaria PICA AQUI

Para ler a crónica do partido publicada na web do muchacalidad PICA AQUI

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.