XUVENÍS. NUMANCIA, 4 - G. CARANZA "B", 0.

BORJA: “Co paso dos partidos, estámonos a sentirnos mellor e penso que somos un dos mellores equipos da liga”.

Partido correspondente á vixésimo primeira xornada de liga que rematou con vitoria do equipo aresán por 4 – 0. Ao descanso o resultado era de 1 – 0.


Prados Vellos 13 de abril de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Xaime (Cristián), Isaías (Andrés Nóvoa), Pepe, Alberto (C), Darío, Adrián (Miguel), Borja, Roque, Ivi, Alex Pita e Marcelo (Ángel).

Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º adestrador: Antonio Bardanca López
Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

G. CARANZA “B”: Antonio (Gabi), Isma Taboada, Jandro (Raúl), Larry (C), Abraham, Marcos Varela, Dani, Pedro (Alex), Yeray, Javi e David (Sergio).

Adestrador: Ángel Tenreiro Sanjuan.
Delegado: Javier Pérez Pérez.

COLEXIADO: José Luís Corral Franco. Amoestou a Darío e Borja polo Numancia e a Pedro polo Caranza.

GOLES:

1 - 0: (min. 38), falta lateral próxima ao pico dereito da área que Alex Pita lanza maxistralmente.

2 - 0: (min. 58), xogada por banda dereita de Alex Pita con pase cara ao interior para que Borja dispare a porta, o porteiro rexeita o balón que é aproveitado por Ángel para rematar de cabeza ao fondo da rede.

3 - 0: (min. 60), xogada combinativa entre Alex Pita e Borja, este ultimo dribla a un defensa e dispara cruzado próximo ao pico esquerdo da área sorprendendo de gran disparo por alto o gardameta.

4 - 0: (min. 64), pase en profundidade de Alex Pita sobre Borja quen a pica ante a saída do porteiro.

COMENTARIOS DE BORJA, dianteiro do Numancia:BORJA dianteiro equipo xuvenil do Numancia de Ares.

A XOGADA DO PARTIDO:
Penso que a xogada do partido foi a do segundo gol noso, no que Alex Pita recibe o balón na banda dereita, encara hacia dentro e déixame o balón de tacón para que eu lance a porta, o meu disparo rexeitao o gardameta, pero o rexeite aproveitao Ángel para anotar a portería baleira.

Outra boa xogada colectiva foi o terceiro gol, anotado por min, no que Alex Pita realiza un gran cambio de xogo e eu recorto ao defensa e disparo dende fóra do área facendo un gran gol.

A CLAVE:
Sen dúbida algunha, a clave da vitoria estivo no gran traballo defensivo de todo o equipo dende o principio ata o final, deixando a portería a 0. Logo, o gol de Alex Pita antes do descanso déunos certa tranquilidade para poder realizar na segunda parte un xogo máis combinativo xa que eles deixaban máis espacios na defensa debido ao resultado.

ACTUACIÓN PERSOAL:
Creo que realicei un bo traballo, como todos os meus compañeiros e por sorte puiden anotar dous goles que serviron para sentenciar o partido.

O EQUIPO:
O equipo estivo moi ben durante todo o partido. Co paso dos partidos, estámonos a sentirnos mellor e penso que somos un dos mellores equipos da liga. Temos moitos xogadores cadetes e ao principio de temporada creo que perdimos algúns puntos por non ter a suficiente experiencia na categoría e polo tema físico, pero agora mesmo estamos moi ben e na segunda volta tan só perdimos contra o Narón. Pase o que pase ata o final creo que xa realizamos unha gran temporada.

O RIVAL:
Na primeira volta, o Caranza venceunos por 8 - 1 nun partido no que xogaron con rapaces de liga gallega. Hoxe, xogaron co equipo que realmente son e creo que fumos superiores a eles en todo momento.

Por último, engadir que para o vindeiro fin de semana visítanos o Portuarios, líder da categoría e espero que tal e como está a clasificación poidamos sacar os tres puntos axudados pola nosa afición.

 

Para ler a crónica do partido publicada na web do Galicia de Caranza PICA AQUI.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.