Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. R. DE NEDA, 1 - NUMANCIA, 7.
 
 

XUVENÍS. R. DE NEDA, 1 - NUMANCIA, 7.

PEPE: “o gol de Isaías encheunos de ledicia a todos”.

Partido correspondente á vixésima xornada de liga que rematou cunha cómoda vitoria do equipo visitante por 1 – 7. Ao descanso o resultado era de 1 – 2.


Juan González (Neda) 6 de abril de 2013.

ALIÑACIONS

R. DE NEDA: Cristián (Dani), Carlos, Ledo (C), Miguel, Brais, Asier, Aitor, Alex Llanco, Leira (Jose), Borja e Alex Silven.

Delegado: Juan Rodríguez Romero.

NUMANCIA: Cristián (Xaime), Isaías (C), Pepe. Alberto, Darío, Adrián (Marcelo), Borja, Roque, Ivi, Alex Pita (Fran) e Miguel (Ángel).

Adestrador: Marcos Amor Roel.
Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

COLEXIADO: Alberto Martínez Miguez. Amoestou a Isaías do Numancia. Expulsou a Ledo, e a José Luís (colaborador) ambos do Neda.

GOLES:

0 - 1: min. 2, pase en profundidade de Adrián dende o centro do campo ás costas da defensa local que recolle Alex Pita, encara a portaría e supera por arriba a saída do porteiro.

0 - 2: min. 5, idéntica xogada á anterior, nesta ocasión con pase de Borja e novo gol de Alex Pita.

1 - 2: min. 10, falta dende o lateral dereito colgada ao segundo pau por onde entra Carlos quen remata sen oposición o fondo da rede.

1 - 3: min. 46, disparo bombeado de Borja dende o lateral esquerdo da área que sorprende por alto o porteiro local.

1 - 4: min. 78, xogada por banda esquerda de Marcelo, pase sobre Ivi e prolongación deste á frontal sobre Ángel quen se vai do seu marcador e bate a Cristian de disparo raso.

1 - 5: min. 81, condución de balón de Borja por banda esquerda con pase sobre Roque, entra polo lateral, vaise dun defensa, regatea o porteiro e marca porta baleira.

1 - 6: min. 85, Isaías de penalti.

1 - 7: min. 89, centro pasado dende a esquerda que Pepe baixa co peito, se acomoda o balón á súa perna esquerda e o cruza fóra do alcance do porteiro.

COMENTARIOS DE PEPE, defensa do Numancia:José Rey "PEPE". Numancia de Ares ADR.

A XOGADA DO PARTIDO:
Non houbo ningunha xogada en particular que marcase o desenvolvemento do partido, aínda que os dous primeiros goles nos minutos iniciais nos deron certa tranquilidade, así como o terceiro, nada máis reanudarse o segundo tempo.

Tamén me gustou que Isaías metese un gol, de feito foi o más celebrado de todos. Isaías é un rapaz que está plenamente integrado no grupo e que mellorou moito dende que chegou ao Numancia. Traballou moito dende a súa incorporación e pouco a pouco estase a gañar o posto.

A CLAVE:
Creo que a clave do partido estivo nos balóns en longo gañando as costas da defensa local cos que Alex Pita fixo moito dano ao rival.

Tamén a expulsión do adestrador local ao final da primeira metade, penso que descentrou o Neda posto que ata ese momento do partido foran algo máis competitivos.

ACTUACION PERSOAL:
Manteño a liña de toda a tempada, nin ben, nin mal. Cumprindo.

O EQUIPO:
Moi relaxado na primeira parte, faltou intensidade e máis xogo de equipo. Ben na segunda parte.

O RIVAL:
Estivo a un baixo nivel, sobre todo na segunda metade na que apenas nos crearon perigo. Na primeira parte foron algo máis competitivos e creáronnos algún perigo, pero aínda así mantivemos en todo momento o control do partido.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.