XUVENIS. MIÑO, 1 - NUMANCIA, 3.

ALBERTO: "Tras a expulsión, o equipo non se encerrou atrás".

Os de Ares conseguiron tres valiosos puntos fronte ao Miño pese a xogar con dez toda a segunda metade.

Gallamonde (Miño), 16 de marzo de 2013.

ALIÑACIONS

MIÑO: Martín, Borja, Sergio, Juan, Iván, Adrián, David (Jony), Roni Diego), Miguel Forcelledo (C) (Pablo), Aarón (Fer) e Raúl.
Adestrador: Miguel Ángel Mahía Rodríguez.
2º adestrador: Antonio Vázquez Rendal.
Delegado: Daniel A. Pena Bouza.

NUMANCIA: Xaime (Carlos), Marcelo, Miguelito (Ángel), Adrián, Pepe (C), Alberto, Isaías, Roque, Ivi (Novoa), Alex Pita e Miguel (Xaime).
Adestrador: Marcos Amor Roel.
2º adestrador: Manuel Antonio Bardanca López.
Delegado: Manuel Antonio Cartelle Permuy.

COLEXIADO: Víctor M. García Villaverde. Mostrou tarxeta amarela a Roni e Aarón polo Miño, e a Pepe e Xaime polo Numancia. Resultou expulsado por dobre tarxeta amarela Alberto do Numancia

GOLES:

1 - 0: min. 50, córner moi pechado ao primeiro pau que bota Alex Pita, Roque mete a cabeza e envía ao fondo da rede.

1 - 1: min. 67, golazo de Fer por toda a escuadra logo dun disparo desde tres cuartos de campo.

1 - 2: min. 72, xogada que arrinca dende o círculo central dos pés de Ángel con pase a banda dereita sobre Alex Pita, éste vaise de dous defensas e cambia o xogo á banda contraria para a entrada de Ivi que controla sobre a frontal, internase e de disparo cruzado e raso bate a Martín.

1 - 3: min. 81, pase en profundidade de Xaime ás costas da defensa local sobre Alex Pita quen supera por alto a saída de Martín.

COMENTARIOS DE ALBERTO, defensa do Numancia:Alberto Permuy. Defensa do Numancia de Ares

A XOGADA DO PARTIDO:
O noso segundo gol, o de Ivi, que bate ao porteiro rival cun bo remate tras unha gran xogada individual de Alex Pita. Tamen hai que destacar a asistencia de Xaime, xogando de xogador, a Alex no terceiro gol.

A CLAVE:
A clave do partido foi que tras a expulsión, o equipo non se encerrou atrás, senon que quixo seguir coa iniciativa do partido. Tamen foi clave o gol de Roque nada máis comezar a segunda parte.

ACTUACION PERSOAL:
Bueno nun partido no que acabas expulsado antes do descanso... Diremos que sempre se pode mellorar.

O EQUIPO:
Na línea de toda a tempada, e que a pesar dalgunhas baixas como a de Darío, Cristian, Martín e sobre todo Borja, pichichi da categoría, e que sempre é un xogador importante, o equipo demostrou que cré e que quere a vitoria, e que ainda que as cousas non favorezan ao principio loitase ata conseguilo.

O RIVAL:
O Miño é un rival que a pesar de estar ahí abaixo, sempre e difícil gañarlle, e que conta con bos xogadores, como Adrian que xogou con nos o ano pasado.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.