Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. NUMANCIA, 6 - PERLIO, 3
 
 

XUVENÍS. NUMANCIA, 6 - PERLIO, 3

TRES PUNTOS IMPORTANTES

Partido de rivalidade directa polos postos medios da táboa que os de Ares, despois dun primeiro período de moita igualdade, resolveron con solvencia na segunda metade. Ao descanso o marcador era de 2 - 3.


Prados Vellos 22 de febreiro do 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Cristián, Darío (Isaías), Pepe, Alberto, Adrián, Martín (Xaime), Borja, Roque, Ivi (C) (Miguel), Alex Pita e Iván (Ángel).
Adestrador: Marcos Amor
Delegado: Manuel Novoa

PERLIO: Jonathan, Alberto (Cabana), Fabio (Camilo), Borja, Migui (C), Ángel, Deive, Adrián, Diego, Jaime ((Daniel) e Carlos Aarón).
Adestrador: Ángel Bastida
Delegado: Miguel Ángel Lamas

ARBITRO: Álvaro García Santaeufemia. Amosoulle cartón amárelo a Alberto do Numancia e a Carlos do Perlio.

GOLES:

1 – 0: Ivi (min. 6).

1 – 1: Migui (min. 21).

1 – 2: Carlos (min. 35).

2 – 2: Borja (min. 41).

2 – 3: Deive (min. 45).

3 – 3: Alex Pita (min. 50).

4 – 3: Alex Pita (min. 70).

5 – 3: Borja (min. 72).

6 – 3: Alex Pita (min. 76).

COMENTARIOS DE...  MARTÍN
Martín Pérez. Numancia de Ares ADR.

A XOGADA DO PARTIDO: “O cuarto gol, Ángel vaise de dous contrarios e mete un balón en profundidade cara Alex Pita que define co exterior da perna esquerda metendo o balón pegado ao pau.”

 
A CLAVE: “Os 15 primeiros minutos da segunda metade nos que demostramos saír máis enchufados e cos tres gole
s que marcamos nese tempo, o Perlío baixou os brazos e posteriormente co sexto gol sentenciamos o partido.”

ACTUACIÓN PERSOAL: “Regular, xa que non participei moito no xogo do equipo na primeira metade; logo na segunda parte xa entrei máis en xogo. Teño que mellorar no aspecto físico e intentar participar máis no xogo do equipo.”

O NOSO EQUIPO: “Na primeira metade saimos pouco enchufados, abusamos do xogo en largo e non materializabamos as nosas ocasións; na segunda metade xa tivemos máis a posesión do balón, xa se realizaron máis xogadas combinativas e se marcaron as ocasións que tivemos.”

O RIVAL: “Demostrou ser un rival competitivo, intenso e que nos fixo moito dano cos seus balóns en largo cara o seu dianteiro, que coa súa estatura gañaba os balóns aéreos e propiciaba segundas xogadas para o seu equipo.”

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.