XUVENÍS. NARON, 2 - NUMANCIA, 1.

NON PUIDO SER

Primeiro partido da volta e no que o Narón rematou co bo momento dos de Ares de seguir sumando puntos.


O Cadaval 16 de febreiro de 2013.

ALIÑACIONS

NARON: Iván, Vidal, Gabri (David), Moncho, Willi, Moi, Patiño (Aitor), Jorge, Caamaño, Joshua e Luís (C).
Adestrador: Fernando Núñez.
Delegado: Héctor Rico.

NUMANCIA: Xaime, Miguelito (Isaías), Pepe, Adrián (Miguel), Dario, Alberto, Borja (C), Martín, Ivi, Pita e Roque.
Adestrador: Marcos Amor.
Delegado: José Antonio Couce.

COLEXIADO: Francisco Pita Lorenzo. Amoestou a Luís, Jorge, Iván e Moncho polo Narón e polo Numancia a Miguelito e Alberto.

GOLES: 1 – 0: Joshua (min 25), 2 – 0: Caamaño (penalti min. 60), 2 – 1: Ivi (min 71).

 



Partido que comezou nos seus primeiros minutos con pouca intensidade e quizais algo de respeto entre ambos os dous equipos; o Numancia tiña algo máis a pelota e premía pero sen afondar no seu xogo. Pasado o primeiro cuarto foi o Narón o que pasou pouco a pouco a tomar a iniciativa e a afondar sobre a área numantina creando a súa primeira clara oportunidade nun centro pasado que Patiño remata e dá nun defensa. Foi a partir de aquí cando ambos equipos romperon as hostilidades e pasaron á acción sen miramentos, aínda que eran os naroneses os que creaban maior perigo. No minuto vintecinco de partido chegaría o primeiro gol local. Nunha xogada de contraataque do Narón un xogador é derrubado na banda, o balón sae rexeitado da área, pero a xogada segue ante a petición dos xogadores de botar o balón fóra, algúns quedáronse parados, o rexeitamento chega aos pés de Joshua situado a seis metros do vértice dende onde xuta a porta marcando un golazo. O que restou de primeira metade transcorreu nun ir e vir dunha área a outra pero con maior sensación de perigo por parte do conxunto local.

Na reanudación do partido pronto comezaron os naroneses a imprimir ritmo ao xogo e comezaron a dispoñer das primeiras oportunidades. Os de Ares tamén o intentaban pero a rochosa defensa local malograba as ocasións numantinas que pasaban por algúns disparos frouxos dende fóra da área. No minuto sesenta Caamaño arranca en xogada individual dende tres cuartos de campo visitante, e despois de pelexarse con todo o que se encontraba por diante cae derrubado na área. A caída máis se cabe foi polo propio cansazo da xogada que pola propia falta en si. Pero o colexiado sinala penalti, un tanto rigoroso, sobre Caamaño que él mesmo se encarga de transformar no 2 - 0. As cousas continuaron igual, idas e vidas dunha a outra área ata o minuto setenta e un, cando nunha xogada rexeita da área local o balón chega a Ivi, intérnase polo lateral esquerdo e bate o porteiro, 2 - 1. Os de Ares, a raíz do gol e vendo as súas posibilidades, envorcáronse en ataque dispoñendo dalgúns minutos de presión sobre a área naronesa, pero tamén descoidando en demasía as tarefas defensivas. Circunstancia que foi aproveitada polo Narón para á contra dispoñer de boas oportunidades para matar definitivamente o partido. A máis clara delas no minuto oitenta e tres cando, batido Xaime na súa saída, Alberto salva baixos os paus. O partido non deu para moito máis e ao final os tres puntos quedaron en O Cadaval.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.