Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. NUMANCIA, 5 - R. SAN PEDRO, 1.
 
 

XUVENÍS. NUMANCIA, 5 - R. SAN PEDRO, 1.

A EFICACIA MARCOU A DIFERENZA.

Encontro aprazado correspondente á décima xornada de liga xuvenil local disputado na tarde do martes de Carnaval que finalizou con clara vitoria local. Ao descanso o resultado era de 3 - 1.


Prados Vellos 12 de febreiro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Cristián (Xaime), Isaías (Marcelo), Pepe, Adrián, Miguelito (Darío), Alberto, Borja, Roque (C) (Ángel), Ivi, Alex Pita (Martín) e Miguel.
Adestrador: Marcos Amor.
Delegado: Manuel Novoa.

R. SAN PEDRO: Mohammed, Sixto (Carlos), Ayoub, Dani, Mario, Antón, Raúl (Héctor), Mubarik, Sergio (Adrián), Germán (Víctor) e Jesús (C).
Adestrador: Cesar Cascallana.
Auxiliar: Héctor Durán.
Delegado: Gumersindo González.

COLEXIADO: Adrián González Franco. Amoestou a Borja, Roque e Alex Pita polo Numancia. Expulsou por dobre cartón amarelo a Mubarik do San Pedro.

GOLES:

1 - 0: min. 25, xogada de combinación que parte do centro do campo das botas de Borja con pase sobre Ivi que se vai por velocidade de dous defensores, este pon un balón medido entre os defensa sobre Alex Pita que prolonga, se queda só ante Mohammed e o bate por abaixo.

2 - 0: min. 31, saque de esquina que bota Alex Pita poñendo o balón no segundo pau por onde entra Borja que remata o botepronto para coala entre o porteiro e o pau.

3 - 0: min. 33, balón en longo de Alberto sobre a semilúa da área visitante, un defensa falla na recepción e Borja róuballe a carteira para encarar a portaría e marcar de disparo a media altura.

3 - 1: min. 42, Germán de saque de esquina moi pechado ao primeiro pau que toda nun defensa e entra na portaría.

4 - 1: min. 77, pase en longo de Martín sobre Borja que a rompe para marcar o terceiro na súa conta particular e o cuarto do Numancia.

5 - 1: min. 90, roubo de balón de Alberto no círculo central, corre a banda pola dereita para á altura da área poñer un pase á frontal sobre Ángel que a touca en carreira para desfacerse do último defensor, encara o porteiro e coalla entre as pernas.

Comezaba o encontro sen prolegómenos nin presentacións cun San Pedro que nos dez primeiros minutos levou moito perigo á área numantina. Dispuxeron os visitantes de dúas boas ocasións, unha delas clarísima dun dianteiro que non define fronte a Cristián. Doce minutos tardaron os de Ares en chegar con claridade á área ferrolana cun primeiro aviso de Alex Pita que se estrela no lateral da rede. Dous minutos despois de novo Alex era o que estrelaba o balón na cepa do pau. Eran as cartas de presentación de ambos os dous equipos nos primeiros quince minutos de choque. O xogo entrou nun himpas no que ningún dos dous equipos dominaba con claridade, aínda que os de Ares tiñan algo máis de profundidade no seu xogo. No minuto vinte e cinco e dunha bonita xogada de combinación aresana, Alex Pita pon o 1 - 0 no marcador. Este gol deixou algo noqueados os ferrolanos ante un Numancia crecente e con máis presenza. Oito minutos despois Alex bota un córner e Borja ao botepronto envíao ao fondo da rede (2 - 0). E dous minutos máis tarde era Borja de novo o que facía subir o terceiro (3 - 0). Os de Ares sen estar a facer un gran partido decantaran éste claramente ao seu favor en apenas dez minutos. A tres minutos do descaso nunha xogada de fortuna o San Pedro acurtaría distancias para irnos aos vestiarios cun marcador de 3 - 1.

A segunda metade pouco nos ofreceu, o xogo tornouse algo marrulleiro, con moitas interrupcións polas faltas e onde ningún dos dous equipos foi capaz de dominar claramente a situación. Quizais os de Ares estiveron un punto por enriba do San Pedro, sobre todo despois da expulsión de Mubarik que deixaba ao seu equipo con dez a falta de vintecinco minutos. No último tramo do partido as forzas comezaron a fraquear e o partido baixou en intensidade. Aínda así os de Ares neste tramo final lograrían dous novos goles que establecerían o marcador definitivo de 5 - 1.

En resumo non foi un gran partido en canto ao futbolístico refírese o que ofreceron Numancia e San Pedro esta tarde en Prados Vellos, en especial a segunda metade. Os de Ares puxeron a rapidez e a eficacia goleadora pero deron moitas concesións a balón parado a un San Pedro que non soubo tirar proveito delas. Aínda así hai que felicitar aos rapaces pola súa progresión e por sacar adiante o partido ante un rival complicado que xa nos amosara a súa eficacia goleadora no partido de copa.

O próximo fin de semana toca outro óso duro. Sábado 16, ás 16:00 horas, O Cadaval, alí espéranos o Narón. Un partido que a priori se presenta como moi interesante. Actualmente o Narón encóntrase na terceira posición da tabóa, catro puntos por enriba do Numancia, que é o quinto clasificado. Con este partido iníciase a segunda volta do campionato de liga.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.