XUVENÍS. NUMANCIA, 5 - CARIÑO, 3.

CAEU O LÍDER.

Partido correspondente á duodécima xornada de liga xuvenil e na que o Numancia recibía en Prados Vellos ao Cariño ata hoxe líder invicto do vixente campionato de liga.

 

Ares 2 de febreiro de 2013

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Cristian (Xaime). Marcelo (Novoa), Pepe, Adrián, Darío (C), Alberto, Borja (Miguel), Martín, Ivi (Isaías), Pita e Miguelito (Roque).
Entrenador: José Antonio Couce.
Delegado: Manuel Novoa.

CARIÑO: David, Bruno, Fran (Diego), Maseda, Rubén, Abelurio, Brais, Rubinos (Edu), Adri (Colo), Cristian (C) e Pajón.
Entrenador: Alberto Parapar.
Delegado: Argimiro Loureiro.

COLEXIADO: Borja Gundín Barreiro. Amosoulle cartolina amárela a Pita e Alberto polo Numancia e a Fran polo Cariño.

GOLES:
Numancia: Pita (3), Borja e Martín.
Cariño: Adri (2) e Brais.

 



Ao minuto de iniciarse o partido primeira gran ocasión para o Cariño despois dun balón colgado á área, a falta de entendemento entre Adrián e Pepe, propicia que éste chegue a Adri quen dispara cruzado pero o esférico marcha lambendo a escuadra da meta local. Nos primeiros minutos de xogo sería o Cariño o que trataría de impoñer ritmo ao partido tocando atrás e buscando as costas da defensa local. O Numancia non lle perdía a cara ao partido, pero eran os visitantes os que chegaban con máis perigo á área sobre todo con pases en longo para o seu dianteiro Adri. Así no minuto catorce chegaría o primeiro gol visitante. Pase de Rubinos ás costas da defensa numantina, o balón chega a Adri que nun man a man con Cristian lla coa entre as pernas (0 - 1). Dous minutos despois repite xogada o Cariño, nesta ocasión é Cristian o que pon o balón de novo a Adri quen volve bater ao porteiro local (0 - 2). Na xogada seguinte e aplicando a mesma táctica acurtaría distancias o Numancia nun pase en profundidade de Pita sobre Borja que define por abaixo fronte a David (1 - 2).

No minuto vinte e dous chegaría a xogada clave do partido. Balón colgado ao bordo da área numantina, o porteiro local Cristian e o dianteiro Adrí, van de cabeza a un balón rifado e ambos os dous resultan lesionados no choque cunha brecha na cabeza polo que tiveron que ser substituídos. Para tranquilidade da parroquia dicir que o xogador aresa non precisou máis que unhas curas realizadas no propio vestiario. E Adri foi levado ao hospital onde precisou de catro puntos de sutura. Ao final do partido puidemos falar co propio xogador o cal nos manifestou que se encontraba ben. A ambos os dous desexámoslles unha pronta recuperación.

Volvamos ao partido: Diciamos que esta foi a xogada clave, porque de aquí ata o final dos noventa minutos vimos outro partido. O Cariño perdeu o seu xogador de referencia en ataque e o equipo notouno en demasía. Pola contra os de Ares, que non estaban a facer un mal partido, pero si estaban a acusar os balóns ás súas costas libráronse do pesadelo. A partir de aquí os aresanos botáronse o partido ás costas e pouco a pouco comezaron a dominar claramente a un rival que xa non tiña a lucidez dos minutos iniciais. Os de Ares dominaban claramente o Cariño e dispoñían de ocasións claras pero que non materializaban. Non sería ata o minuto trinta e sete despois dun pase en longo de Ivi sobre Pita quen se vai por velocidade do seu marcador e ante a saída de David a pica por arriba para empatar o partido (2 - 2). Con este resultado chegaríamos ao descaso.

A segunda metade comezou cun Numancia máis metido no partido, ante un Cariño que non encontraba o seu sitio. Froito dunha marcha máis por parte dos locais, no cincuenta e tres darían o primeiro aviso ao Cariño cun disparo de Pita que se estrela no lateral da rede. Continuaban os de Ares a ter o control do partido e no sesenta e sete chegaría o terceiro. Xogada de combinación que parte dun pase na periferia do círculo central de Ivi, que a abre ao lateral dereito da área sobre Pita, éste a prologa sobre Borja que devolve a Pita, e este en carreira paralela á frontal abre para Martín quen entrando dende atrás bate de disparo raso a David (3 - 2). En plena euforia local e sen dar tempo de reacción ao equipo visitante chegaría o cuarto. Novamente Pita despois dun pase en longo quédase só nun man a man con David e define por abaixo (4 - 2). Sen dúbida os de Ares estaba sendo mellores e froito diso deran claramente a volta ao partido adquirindo unha clara vantaxe que ben podería ter sido maior de estar máis acertados.

O Cariño estaba tocado, pero non afundido, e dous minutos despois da remontada local, Brais aproveita un balón en longo para bater de vaselina a Xaime despois dunha desacertada saída do porteiro local (4 - 3). Este gol e a falta de vinte minutos enganchou de novo os visitantes no partido. De aquí ao final houbo certa igualdade en canto á posesión. O cansazo, as présas e os nervios comezaron a aflorar véndose algúns desaxustes defensivos. Aínda así os de Ares serían os que terían as ocasións. As máis claras serían para Pita no setenta e sete fronte ao porteiro que aguanta ben na súa saída e detén o disparo. E no oitenta e tres, Ivi en boca de gol envía por enriba do longueiro un balón que o porteiro do Cariño non logra blocar. O gol da tranquilidade ante tanto desacertó, e que faría xustiza a un Numancia hoxe claramente superior ao seu rival, chegaría no minuto oitenta e seis. Balón a banda esquerda sobre Pita que na súa internada hacia a área peléxase con toda a defensa, un, dous, tres, o porteiro, disparo, rexeite e novamente disparo, nesta ocasión ao fondo da rede, nunha xogada de poderío e dispendio físico case extenuantes do dianteiro aresan (5 - 3). Este gol mataba definitivamente un partido no que un sobresaínte Numancia acababa coa imbatibilidade do líder.

Non queda máis que felicitar os rapaces polo sensacional partido realizado e instalos a seguir nesta dinámica e línea de traballo. Noraboa.

A videira xornada os de Ares visitarán o campo de A Pedreira onde os espera o Galicia de Mugardos. Duelo de rivalidade local no que será o ultimo partido da primeira volta do campionato de liga. Esperámosvos a todos o vindeiro venres, 8 de febreiro en A Pedreira.

Crónica e imáxes do encontro na web do C.D. Cariño

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.