XUVENÍS. PORTUARIOS, 4 - NUMANCIA, 1.

O FÍSICO DETERMINANTE NO PARTIDO.

Mal partido do conxunto aresán que se viu claramente superado polo Portuarios nun partido no que a diferenza física foi determinante.

 


A Gándara 12 de xaneiro de 2013.

ALIÑACIONS

PORTUARIOS: Mike, Piscu, Aitor (Rascado 58´), Carlos, Brais Pérez (Riki 82´), Carrera, Martín, Javi (Adri Vázquez 82´), Pol, Brais Leira e Adri Pérez (Oso 64´).

NUMANCIA: Cristian, Miguelito (Ivan 46´), Pepe, Adrián, Darío (Ángel 64´), Alberto, Marcelo (Isaias 70´), Martín, Ivi, Borja e Roque (Miguel 70´).

COLEXIADO: Pablo Carballal Mora. Amoestou a Adri Pérez polo Portuarios e a Pepe e Ivan polo Numancia. Expulsou a Marcos (adestrador), Toni (2º adestrador) e Cartelle (delegado) polo Numancia.

GOLES: Pol (2), Carlos e Javi para o Portuarios, Ivi para o Numancia.

Primeira metade claramente dominada polo conxunto ferrolano ante un Numancia que apenas inquietou a área local nos primeiros corenta e cinco minutos. Foron diversas as ocasións de gol creadas polo conxunto local pero non estiveron acertados entre os tres paus. Afortunadamente para os de Ares o balón só traspasou a liña de gol nunha ocasión nesta primeira metade, corría o minuto trinta e cinco, balón ás costas da defensa aresana que recepciona e conduce Pol para bater a Cristian por abaixo. A xogada foi moi protestada polo conxunto visitante por posible fóra de xogo. Ao final da primeira metade o 1 - 0 reflectido no marcador non facía xustiza aos visto no terreo de xogo.

A segunda metade comezaba de cara para os de Ares, pois aos cinco minutos do reinicio o Numancia empataba o partido por medio de Ivi ao rematar un balón que cae morto na área despois dun saque de esquina. Este gol meteu aos de Ares no partido, e durante vinte minutos, ferrolanos e numantinos disputaron un partido do tu a tu, sen que ningún dos dous equipos conseguise impoñer o seu ritmo xogo. Estes minutos foi os que o Numancia estivo no terreo de xogo, pois no sesenta e nove, unha falta en tres cuartos de campo, próxima á liña lateral dereita, que o equipo local colga á área, é peiteada por Carlos ao fondo da rede para adiantar de novo o Portuarios. Un minuto despois, un regalo da zaga aresá nun balón cedido ao porteiro e co que se fai Pol poñía o 3 - 1 no marcador. Este gol sentenciou definitivamente o conxunto numantino posto que os de Ares volveron irse do partido e no que restou de encontro volveron estar a mercéde do conxunto ferrolano. O cuarto e definitivo gol chegaría no minuto setenta e oito precedido dunha falta lateral con centro ao segundo pau onde entra Javi para rematar nun claro fallo de marcaxe visitante.

En resumo hoxe os de Ares non estiveron a altura do partido, nin física nin técnicamente. En canto o Numancia quedámonos co positivo do partido que foi a reincorporación de Cristián, que hoxe retornaba no seu primeiro partido despois da lesión sufrida no mes de outubro, polo que recuperamos un efectivo. En no lado negativo do partido, sen dubida, as expulsións do corpo técnico.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.