Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. NUMANCIA, 6 - R. DE NEDA, 1.
 
 

XUVENÍS. NUMANCIA, 6 - R. DE NEDA, 1.

Numancia de Ares ADR. Xuvenís 2012 - 2013. Numancia 6 - R. de Neda 1. Prados Vellos 15/12/12.CLARA VITORIA DO CONXUNTO ARESAN

Partido correspondente á sétima xornada de liga local, e no que o conxunto aresan impuxose con claridade ao equipo nedense. Ao descanso chegaríase cun 2 - 0 a favor dos de Ares.


Prados Vellos 15 de decembro de 2012

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Xaime, Miguelito (Isaías 70´), Pepe, Alberto, Darío (Novoa 68´), Adrián, Marcelo (Ángel 58´), Martín, Ivi, Borja e Roque (Miguel 62´).

R. DE NEDA: Casal (Cristian 70´), Brais (España 28´), Miguel, Jorge, Diego, Carlos (Leira 65´), Parrales (Asiem 30´), Ledo, Aitor, Unai e Borja (José 73´).

COLEXIADO: Antonio Belizón Flores. Amoestou a José Antonio (adestrador), e expulsou a Leira por dobre cartón amarelo ambos do Neda.

GOLES:

1 - 0: min 5, falta lateral dende banda esquerda que lanza Borja directamente a porta e que se coa polo primeiro pau.

2 - 0: min. 12, xogada que parte do centro do campo cun pase de Roque sobre Ivi que gaña as costas da defensa, o dianteiro aresán vaise por velocidade, internase na área e dispara cruzado rexeitando o porteiro, o rexeitamento o envía Darío ao fondo da rede entrando só no segundo pau.

3 - 0: min. 67, condución de balón por banda esquerda de Darío quen pon un pase en longo sobre Ángel, este vaise do seu marcador, internase na área e de disparo cruzado dende o lateral da área pequena bate a Casal.

4 - 0: min. 78, saque de banda lateral sobre Martín quen se pelexa con dous defensores, logra levarse o balón e pono ás costas da defensa sobre Ángel, éste se interna na área e de disparo raso marca.

5 - 0: min. 79, roubo de balón de Miguel no círculo central que pon un pase nos pés de Ángel, este regatea ao seu marcador, encara a portaría, intérnase na área e de disparo raso dende o punto de penalti bate a Cristian.

6 - 0: min. 85, penalti sobre Ivi que el mesmo se encarga de transformar.

6 - 1: min. 89, Jorge de fortísimo lanzamento de libre directo.

 

 


Primeira metade claramente dominada polo Numancia ante un Neda que apenas se achegou á área rival. Os de Ares saíron moi metidos no partido dende o asubío inicial imprimindo un ritmo rápido ao xogo. Non foi unha primeira metade moi vistosa, había moita precipitación por parte dos dous equipos, abusando dos balóns en longo en detrimento do xogo de toque. Houbo moita présa por chegar á área e isto propicio moitos erros nos pases e moitas perdas de balón. Aínda así os de Ares conseguiron entrelazar algunhas bonitas xogadas de combinación levando moito perigo á área do Neda pero faltou profundidade nos metros finais. Ao descaso o marcador reflectía un 2 - 0 a favor dos locais.

Segunda metade algo máis aberta, onde vimos un Neda máis metido no partido e con algo máis de profundidade levando algún perigo á área aresana. Este segundo período foi de ritmo algo máis lento que o primeiro, pero os dous equipos trataron mellor o balón e púidose ver un partido máis combinativo e máis vistoso de cara ao espectáculo. Aínda que os nedenses puxeron nesta segunda metade algo máis de carne no asador que na primeira, foron os locais os que en todo momento tiveron o control do balón e do partido. O xogo combinativo dos de Ares non tardou en dar os seus froitos e os goles non tardarían en chegar caendo un tras outro ata chegarse ao resultados final de Numancia 6 - R. de Neda 1.

Aproveitamos esta ocasión para dar a benvida ao Club a Isaías, xogador que no día de hoxe se enfrontou aos seus antigos compañeiros, pois procedente do R. de Neda, hoxe debutou nas filas do Numancia. Esperamos e desexamos que o pases ben e desfrutes do fútbol connosco.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.