Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. NUMANCIA, 5 - EF ENSANCHE, 2.
 
 

XUVENÍS. NUMANCIA, 5 - EF ENSANCHE, 2.

Numancia de Ares ADR. Xuvenís 2012-2013. Numancia 5 . EF Ensanche 2. Prados Vellos 17/11/12.PASIÑO A PASIÑO.

Partido correspondente á 3ª xornada da liga xuvenil que se saldou con clara vitoria do conxunto local. Ao descanso chegaríase con 1 – 0 a favor do Numancia.


Prados Vellos 17 de novembro de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Carlos (Roberto 75´), Marcelo, Darío, Adrián, Alberto, Martín, Borja, Miguel (José Manuel 71´), Ivi, Iván e Novoa (Ángel 62´).

EF ENSANCHE: Jorge, Carlos (Alex 46´), Cillero, Luís, Julián, Marcos, Manu (Couto 67´), David (Carlos 67´), Borja, Iván e Miguel.

COLEXIADO: Francisco García Rodríguez. Amoestou a Alberto do Numnacia.

GOLES:

1 - 0: min 36, córner que bota Borja e o porteiro no seu intento de despexar o balón introduceo en propia porta.

1 - 1: min 46, disparo de Manu que Darío intenta despexar e introduce o balón en propia porta.

2 - 1: min. 51, contragolpe polo centro de Iván con pase a banda dereita sobre Ivi quen colga o balón á área, despexa a defensa e o balón chega a Miguel que chuta a porta, o balón toca en Borja e desvíao fóra do alcance do porteiro.

3 - 1: min 71, centro de Ivi dende o lateral esquerdo da área e Borja de cabeza cóaa pola escuadra.

4 - 1: min 81, córner con balón pasado ao segundo pau, Iván pono no área, José Manuel remata de cabeza e estrela o balón no longueiro que volve ao campo aproveitándoo Ángel para enviar o fondo da rede.

5 - 1: min 83, balón que rouba e conduce Iván dende o centro do campo, próximo á área visitante picao por enriba dos defensas para a entrada de Borja quen supera de vaselina a saída do porteiro.

5 - 2: min. 87, balón en profundidade sobre Miguel, quen se vai de Alberto intérnase na área e de disparo cruzado supera a saída de Roberto.

Tarde desapacible e pasada por auga, o que condicionou, o frear en ocasións, ou acelerar noutras, o movemento do balón. Esta circunstancia desluciu bastante o espectáculo futbolístico porque provocou moitas imprecisións nos pases e no control do esférico

A primeira metade estivo caracterizada pola igualdade e o pouco xogo. Ningún dos dous equipos foi quen de imprimir ritmo ao partido e marcar o tempo deste. Poucas xogadas de perigo e escasas aproximacións á área foron a tónica xeral. Teríamos que esperar ata o minuto vinte e cinco de partido para ver o primeiro disparo con perigo, nesta ocasión do conxunto ferrolano, pero o balón marcharía pegado ao pau. Poucos minutos despois Borja daría a réplica pero detivo o porteiro. O primeiro tanto do conxunto local chegaría no minuto trinta e seis precedido da saída dun córner que o porteiro ferrolano introduce en propia porta. A cinco minutos do descanso Ivi executa un fortísimo disparo dende fóra da área ao que o porteiro visitante respondería cunha boa parada. Isto sería o que daría de sí a primeira metade.

Na segunda metade e ao minuto do seu inicio, disparo de Manu que Darío intenta despexar e golazo por toda a escuadra en propia porta. Igualdade no marcador, e igualdade en canto a goles en propia porta. Co gol do empate os de Ares lonxe de virse abaixo comezaron a dominar o partido e aos cinco minutos volvían poñerse por diante no marcador. Este gol deu máis confianza aos locais que pouco a pouco fóronse afianzando no terreo de xogo, apoderáronse do centro do campo e marcaron o tempo do partido prácticamente durante toda a segunda metade. Os goles non tardarían en chegar, e foron caendo un detrás doutro. Só nos minutos finais e a raíz do segundo tanto ferrolano, éstes animaríanse un pouco e crearían outras tres boas ocasións para acurtar distancias, pero finalmente o marcador permanecería inamovible.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.